Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 586 novas da área temática Exterior:

07/06/2025 | 12:49 | C. de Economía e Industria

Lorenzana explora en Oslo oportunidades recíprocas de investimento entre Galicia e Noruega

Destaca que Noruega é un referente e un modelo a seguir no relativo a eólica offshore, que abre oportunidades recíprocas de negocio para o naval, o sector metalmecánico e o enerxético

07/06/2025 | 11:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta as novidades da proposta turística de Galicia en Turexpo 2025 e no mercado polaco

En Silleda, Turismo de Galicia promove o turismo interno na comunidade ao tempo que favorece as relacións con outros axentes do sector

06/06/2025 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende un futuro da política de cohesión descentralizado e a creación da Macrorrexión Atlántica

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico, onde rexeitou que o novo marco financeiro plurianual da Unión Europea sexa un plan único por estado membro 

06/06/2025 | 13:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reúnese en Oslo con Seafood Legacy, que confirma que a finais de ano comezarán as obras da primeira planta de cría de salmón en Galicia

A planta xa conta con todos os permisos para ocupar en torno a 20.000 m² no porto de Burela, nunha nave na que prevé producir unhas 3.300 toneladas de salmón ao ano e na que se estima que creará ata un cento de postos de traballo directos e indirectos

06/06/2025 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial Ibéricas reivindican o seu papel clave para una Europa máis cohesionada e próxima á cidadanía

As AECT da Península Ibérica, incluída a da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, aproban unha declaración conxunta con medidas como a posta en marcha dun Estatuto do Traballador Transfronteirizo, unha maior descentralización dos fondos europeos e o reforzo do orzamento para a cooperación territorial

05/06/2025 | 12:45 | Axencia de Turismo de Galicia

O mes do Camiño no Brasil concentra este xuño unha intensa actividade con exposicións, conferencias e cinema sobre a peregrinación a Compostela

Xosé Merelles viaxa a Porto Alegre para participar en varias actividades conmemorativas e intensificar as relacións coas entidades xacobeas do país

04/06/2025 | 12:19 | C. de Economía e Industria

Lorenzana viaxa a Noruega cunha delegación de empresas galegas para promocionar o sector naval no exterior

A conselleira visitará a feira Nor-Shipping 2025, un dos principais puntos de encontro da industria marítima mundial que se celebra estes días, onde contan con expositor propio Astilleros Armón, Ibercisa, Metalships, Progener-Grupo Emenasa e Aclunaga

01/06/2025 | 12:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza na súa labor de promoción xacobea internacional coa Semana do Camiño na cidade brasileira de Porto Alegre

O director de Turismo de Galicia viaxará a Brasil para participar nas actividades programadas e manter varios encontros con autoridades locais para intensificar a colaboración en materia turística