Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.430 novas da área temática Administración pública:

22/05/2026 | 11:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra aos concellos que o prazo para optar á actual convocatoria para investimentos en proxectos estratéxicos remata o 8 de xuño

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes explicou que a orde deste ano incrementa o orzamento ata os 10M€ no marco das achegas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local respecto aos 8M€ das dúas convocatorias anteriores

20/05/2026 | 20:08 | A Presidencia da Xunta

Belén do Campo recibe o premio ‘San Xoán-2026-Inés de Ben’ ao coruñesismo polo seu labor ao servizo da cidade da Coruña

A representante da Xunta expresou o seu agradecemento á Asociación de Hogueras de San Xoán por este recoñecemento, destacando a súa vinculación e apoio continuo á entidade desde os seus inicios

20/05/2026 | 19:32 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos salienta que o sector asegurador é un aliado imprescindible das familias e das empresas en contextos marcados polas incertezas

O conselleiro de Facenda e Administración Pública asegurou que a Xunta seguirá apostando por políticas públicas que proporcionen certezas aos axentes económicos e á cidadanía

20/05/2026 | 15:16 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que antes de que remate o verán estará funcionando un equipo de hospitalización a domicilio en Verín

Subliña que o equipo se desprazará ás vivendas dos pacientes que se atopen no réxime de hospitalización, á vez que prestará coidados paliativos a domicilio

19/05/2026 | 17:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta regula a creación e xestión de documentos electrónicos na Administración cunha norma técnica

O texto recolle os principios estratéxicos, os procesos e as responsabilidades neste eido mediante doce epígrafes

19/05/2026 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con 36.000 euros a mellora da accesibilidade do multiusos de Covelo e a creación dunha marquesiña na súa terraza

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros

19/05/2026 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun cento de concellos reciben as axudas da Xunta para a elaboración dos Plans municipais para o risco de incendios forestais

O Goberno galego destina máis de 300.000 euros para contribuír a sufragar os custos de persoal dos servizos técnicos profesionais ou ao persoal propio dos municipios que se encargue de elaborar ou revisar estes plans

18/05/2026 | 18:09 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Vilar de Santos avalían vías de colaboración a prol do desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse hoxe co alcalde da localidade ourensá, Marcos Nogueiras, para tratar varios asuntos no ámbito da mobilidade de terras ou os camiños rurais  

18/05/2026 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes