Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.449 novas da área temática Agricultura e gandería:

11/05/2026 | 14:50 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta promociona os produtos alimentarios galegos na feira internacional Tuttofood en Milán

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe a este evento, onde destacou a importancia de que empresas galegas participen neste tipo de mostras, que favorecen a comercialización en mercados internacionais

10/05/2026 | 10:23 | C. do Medio Rural

Medio Rural desenvolverá un novo pasteiro de 30 hectáreas en Viveiro cun investimento de case 100.000 €

A conselleira María José Gómez visitou hoxe os terreos do monte veciñal de Buio nos que se situará esta nova infraestrutura, coa que os veciños terán base territorial suficiente para aumentar o número de cabezas de gando equino

09/05/2026 | 18:37 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo destaca a calidade dos viños da D.O. Monterrei e subliña que iniciativas como a Primavera das Portas Abertas contribúen ao desenvolvemento sostible da comarca

O delegado territorial sinalou que o viño contribúe á nosa imaxe de país ademais de ser un polo de atracción de visitantes e turistas

09/05/2026 | 14:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o valor da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón na promoción da súa calidade diferenciada e da denominación de orixe

A conselleira María José Gómez asistiu ao evento, no que participan nove adegas da zona, e sumouse ademais ao brinde simultáneo en toda España polo Día mundial do viño con denominación de orixe

09/05/2026 | 09:23 | C. do Medio Rural

Medio Rural mantén aberto ata o 22 de maio o prazo para solicitar parcelas dispoñibles en concorrencia a través do Banco de Terras

Este período iniciouse o pasado día 4 de maio e é un dos dous que se abre ao longo do ano (en maio e novembro) para solicitar parcelas neste estado

08/05/2026 | 21:06 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

A Xunta destaca o papel da Feira do viño de Pantón para promocionar a zona e enxalzar a singularidade dos seus caldos

O delegado territorial, Javier Arias, destaca o compromiso do Goberno galego co sector vitivinícola e co impulso turístico da Ribeira Sacra, con iniciativas como as Rutas dos Viños, que chegan de novo a este destino entre o 29 e o 31 de maio

08/05/2026 | 20:11 | C. do Mar

Villaverde salienta na XXVIII Festa da Troita de Oroso as propiedades deste produto e o valor que ten para Galicia

A Consellería do Mar colabora co evento, que reforza a actividade pesqueira desta especie e que, no último ano, acadou unha facturación próxima aos 12 M€

08/05/2026 | 18:14 | C. do Medio Rural; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o emprendemento feminino como panca imprescindible no desenvolvemento sostible do rural galego

María Quintiana subliña a importancia deste encontro para dar máis visibilidade a mulleres que son protagonistas de proxectos empresariais, sociais ou culturais

08/05/2026 | 13:00 | C. do Medio Rural

María José Gómez lembra que os propietarios de parcelas nas faixas secundarias das parroquias priorizadas poden contratar a súa limpeza con Seaga

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a parroquia de Sabaxáns, no concello de Mondariz, onde se están a levar a cabo tarefas preventivas nestas franxas ao abeiro do convenio coa empresa pública

07/05/2026 | 18:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural publicará a mediados deste mes unha nova liña de achegas con 8,6 M€ para a compra de equipamentos eficientes e agricultura de precisión

A conselleira María José Gómez visitou hoxe a Gandaría Liste, en Trazo, onde explicou que esta partida ten como obxectivo apoiar aos gandeiros e agricultores galegos diante do aumento dos custes de produción pola guerra en Oriente Medio