Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 579 novas da área temática Patrimonio:

23/10/2025 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Manuel Pardo salienta o esforzo da Xunta na conservación do patrimonio cultural e arqueolóxico da provincia de Ourense

O delegado territorial subliñou que a Xunta de Galicia, ao abeiro do Plan catedrais de Galicia, destinará o vindeiro ano 2026 2,8 M€ para levar a cabo actuacións de restauración na Catedral de San Martiño de Ourense

22/10/2025 | 13:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor o arquivo do Reino de Galicia “na salvagarda e divulgación da nosa historia”

A entidade celebra a efeméride cunha selección de pezas das máis de 550 que custodia pertencentes a fondos privados, públicos e ás súas coleccións

17/10/2025 | 13:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta realizará novas escavacións arqueolóxicas na antiga vila romana de Brandomil por valor de 18.000 €

O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, anuncia esta intervención destinadas a seguir coa investigación e revalorización deste importante xacemento

16/10/2025 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove o estudo, coñecemento e actuacións no ámbito do patrimonio coa posta en marcha do Observatorio da Innovación

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude presenta esta iniciativa impulsada desde o Goberno galego como un centro de análise, reflexión e seguimento de iniciativas

10/10/2025 | 13:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta comproba o estado e a sinalización do primeiro sendeiro accesible da reserva da biosfera Gerês-Xurés en Lobios

A directora xeral de Patrimonio Natural visita a renovada zona do aparcadoiro e a senda accesible do río Caldo pertencente ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

09/10/2025 | 14:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia que a Xunta rematará as obras de restauración da Casa de Don Álvaro a finais de ano

“Recuperamos para o concello, a súa veciñanza e a comarca do Deza un dos seus inmobles máis significativos e icónicos”, enxalza o representante do Goberno galego

08/10/2025 | 12:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

As esculturas do Capitán Nemo reparadas pola Xunta volven á enseada de San Simón

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita o conxunto escultórico da Ría de Vigo tras a restauración levada a cabo en dúas das súas pezas

03/10/2025 | 13:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Foro Internacional ‘Territorios Patrimonio’ súmase ao impulso da Ribeira Sacra na recta final da súa candidatura a Patrimonio Mundial pola Unesco

O Parador de Monforte de Lemos acollerá, os días 28 e 29 de outubro, a novena edición das xornadas, que contan co apoio da Xunta de Galicia

02/10/2025 | 14:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta remata a terceira campaña no Castro de Esmelle que permitirá deixar á vista partes das importantes estruturas atopadas nas escavacións

López Campos salienta que a actuación fai visible o corpo de gardae o pavimento enlousado, que conforman un conxunto de carácter monumental que funcionaba como porta de acceso