Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 653 noticias de la área temática Transporte:

12/05/2025 | 17:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta considera que o Goberno trata de “tapar o caos e incidencias” en materia ferroviaria con “anuncios insuficientes” para as necesidades de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, cualifica como “incomprensible” que mentres que, por exemplo a día de hoxe están á venda os billetes de Madrid a Barcelona ata decembro na comunidade galega “hai que agardar ao 9 de xuño para ter dispoñibles os billetes ata outubro”

12/05/2025 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 20 axudas para a adquisición de taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou esta mañá da resolución destas axudas de 2024 e da nova convocatoria durante un encontro cun dos beneficiarios

04/05/2025 | 15:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 9,1 M€ o contrato para a conservación e o mantemento das autoestradas autonómicas AG-53 e AG-54 nos vindeiros 4 anos

Tratase de seguir garantindo os traballos de conservación ordinaria e de vialidade na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54)

03/05/2025 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A rúa Benéfica de Conxo, en Santiago, rexistrará un corte de tráfico dende o luns por mor do acondicionamento do firme

O peche comezará o luns ás 10 horas e prevese restablecer o tráfico o vindeiro 12 de maio ás 8 horas

02/05/2025 | 15:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 135.000 euros en parques, camiños municipais e unha área de autocaravanas en Lourenzá

O delegado territorial, Javier Arias, informou de actuacións executadas nos últimos meses no municipio co financiamento do Goberno galego

02/05/2025 | 11:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre hoxe o prazo para as empresas interesadas en colaborar na nova convocatoria do programa EBici

A orde estará dotada con 1,7 M€ e subsidiará a compra de bicicletas novas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas

30/04/2025 | 15:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
29/04/2025 | 17:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia encamiña a recuperación da normalidade nunha xornada na que os servizos públicos funcionaron sen incidencias de peso

A Xunta manifesta o seu interese de regresar ao nivel 2 de emerxencia e recuperar o control da coordinación

27/04/2025 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza mañá o traballo de campo para o estudo anual de avaliación da calidade da rede pública de autobuses interurbanos

O traballo de campo inclúe máis de 16.000 enquisas e observacións, divididas en 13.200 enquisas a persoas usuarias, 1.974 observacións do tipo cliente misterioso, 457 enquisas a centros de ensino con transporte compartido e 600 enquisas a persoas non usuarias