Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 544 novas da área temática Dixital:

15/05/2025 | 21:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta creará unha academia virtual para facilitar os trámites dos autónomos e impulsar a súa actividade atendendo as súas necesidades

José González expuxo que esta acción é froito da Mesa do autónomo e da aposta por ser unha administración facilitadora a prol do labor deste colectivo, ámbito no que tamén destacou a orde de axudas unificada, dotada con máis de 40 M€

13/05/2025 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Cesga e a Universidade de Pensilvania alíanse para acelerar o descubrimento de novos fármacos contra bacterias resistentes aos antibióticos

O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, e o catedrático de Biotecnoloxía da institución norteamericana, César de la Fuente, visitan as instalacións do Cesga

08/05/2025 | 19:48 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos avanza a posta en marcha do Programa Galego de IA 2025-2027 para afondar nunha administración máis áxil, eficiente e personalizada

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou no III Foro Empresa e Intelixencia Artificial

08/05/2025 | 18:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta e Stellantis continuarán traballando conxuntamente para reforzar a competitividade das empresas provedoras do sector de automoción en Galicia

Destaca que o ecosistema de empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento que rodea a fábrica de Stellantis en Vigo son un valor engadido que convén seguir afianzando

08/05/2025 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dotará aos centros E-Dixgal con libros de texto para afianzar o modelo de ensino híbrido

O conselleiro de Educación presenta a primeira fase da evolución do programa de libro dixital que comezará xa o vindeiro curso e se ampliará nos seguintes

06/05/2025 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez visita a obra de construción do novo centro de fabricación intelixente de Aimen

O novo edificio, que estará rematado en marzo de 2026, acollerá novas liñas de investigación centradas na fabricación avanzada e sustentable e na dixitalización

29/04/2025 | 17:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza a formación dos empregados públicos en ciberseguridade para garantir unha administración máis segura

A Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional, inauguraron esta tarde a quinta edición do curso superior en ciberseguridade, cun total de 108 horas lectivas

25/04/2025 | 11:38 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos destaca o papel do Consello Galego de Intelixencia Artificial para o asesoramento e impulso desta tecnoloxía en Galicia

O conselleiro de Facenda animou aos integrantes deste organismo a aportar melloras na planificación, xestión e avaliación das políticas públicas sobre intelixencia artificial

11/04/2025 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita aos centros tecnolóxicos galegos polo crecemento experimentado no 2024

Subliña o incremento dun 19% nos seus ingresos, acadando os 125,7 M€, e dun 17% nas súas plantiñas, superando os 2.000 empregados

11/04/2025 | 13:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e Afundación levan á Coruña a aventura dixital ‘Hábitats. Natureza estendida’ para ampliar a nosa mirada sobre a importancia da biodiversidade

López Campos enmarca esta proposta no seu compromiso de ofrecer contidos impulsados pola Cidade da Cultura noutros territorios de Galicia