Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.441 novas da área temática Agricultura e gandería:

28/04/2026 | 21:43 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural promociona o selo artesanía alimentaria nunha xornada con produtores no marco dos premios Dalle Like

O evento contou coa participación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que reuniu a produtores amparados baixo este distintivo para poñer en valor as bondades deste selo e compartir co público a súa experiencia

28/04/2026 | 19:42 | C. do Medio Rural

A Xunta colabora coa XXXV Festa da Filloa de Muimenta, que se celebra o 1 de maio

A organización estima que se porán á venda 18.000 filloas neste evento, que acada os 35 anos e conta coa declaración de Interese Turístico Galego

28/04/2026 | 17:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste máis de 1,7 M€ para mellorar a rede de 74 camiños da parcelaria de Val de Camba en Rodeiro

A conselleira María José Gómez visitou esta zona de reestruturación parcelaria na que veñen de comezar as actuacións

28/04/2026 | 14:00 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 360.000 euros para apoiar os programas de mellora e control da calidade dos consellos reguladores

O obxectivo destas achegas é que os consellos reguladores poidan manter o elevado nivel de rigorosidade necesario na realización das súas tarefas de control, clave para garantir a reputación dos distintivos de calidade existentes na comunidade

28/04/2026 | 12:08 | C. do Medio Rural

A Xunta prorroga as medidas preventivas diante da dermatose nodular contaxiosa para seguir protexendo a cabana bovina galega

A Consellería do Medio Rural publicará este mércores en DOG unha nova resolución pola que se prorrogarán as actuacións desde o 1 ata o 31 de maio, podendo ampliarse este prazo en función da evolución epidemiolóxica da doenza

27/04/2026 | 16:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural aborda con diferentes entidades novas accións para a posta en valor e impulso do pan galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria reuniuse con representantes da asociación Prorural Galicia, da Confederación de Empresarios de Lugo, da Asociación Provincial de Fabricantes de Pan de Lugo, de Aresa, de Agronovo Ecoloxía e da cátedra do pan da Universidade de Santiago de Compostela

26/04/2026 | 11:21 | C. do Medio Rural

Alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias da Xunta participa nunha actividade sobre prevención e extinción de incendios

A xornada dirixiuse a estudantes dos ciclos medios de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e o de Produción Agroecolóxica, e estivo impartida por integrantes da asociación Lugomadera

25/04/2026 | 10:18 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o papel dos viveiros públicos na conservación e mantemento dos recursos forestais

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou esta mesma semana as instalacións de viveiro da Falmega, situado no concello de Oroso