Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental ao cambio de uso de solo forestal a agrícola de 110 parcelas para o plantado de viñedos no Concello de Boqueixón
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Galicia contabiliza este ano un 30% máis de aves acuáticas e mariñas que no censo de 2025 e cunha maior variedade de especies
Ángeles Vázquez explica que estes datos que se recompilan anualmente serven para priorizar a conservación das especies e para valorar os cambios no tamaño das súas poboacións, así como para facer seguimento ambiental dos seus hábitats
A Xunta investirá 120.000 € na reconstrución integral de tres pasarelas no río Loio ao seu paso por Paradela
Ángeles Vázquez salienta a importancia desta intervención para poñer en valor a ruta duns 7 km que atravesa o Espazo natural de interese local Loio-Ruxidoira, o único deste tipo na provincia lucense e o máis extenso dos sete que hai en Galicia
A Xunta concede 32 axudas por un total de case 1,4 M€ para impulsar solucións naturais nos concellos fronte aos efectos do cambio climático
Ángeles Vázquez explica que o obxectivo destas achegas é promover proxectos municipais para previr os riscos derivados do quecemento global, así como para identificar e crear espazos urbanos que actúen como refuxios climáticos
A Xunta pon en valor os ecosistemas costeiros como sumidoiros de carbono claves para avanzar cara á neutralidade climática
Aposta por situar as marismas, pradeiras mariñas ou zonas intermareais no centro das solucións baseadas na natureza contribuíndo tanto á loita contra o cambio climático como á conservación da biodiversidade e ao desenvolvemento sostible do litoral
A Xunta afronta a fase final do proxecto europeo GIFT para incorporar ás políticas de paisaxe os resultados das dúas accións piloto que executa en Galicia
Enrique de Salvador explica que, por un lado, se traballa para restaurar corredores ecolóxicos en Curtis e por outro, na instalación de caixas de madeira con manto vexetal para mellorar os hábitats dos organismos que viven en árbores ocas
Galicia rexistrou o cuarto mes de abril máis seco da serie histórica
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período
Galicia aposta pola colaboración institucional para modificar a normativa estatal de costas fronte á unilateralidade e falta de diálogo do Goberno central
Ángeles Vázquez reitera a petición das comunidades autónomas de que se suspenda a reforma do regulamento e se convoque de inmediato unha Conferencia Sectorial para abrir un proceso de diálogo transparente e leal sobre esta cuestión
Belén do Campo destaca en Irixoa o apoio da Xunta de máis de 21.000€ para a renovación da rede de iluminación pública en Coruxou
A delegada da Xunta puxo en valor “o firme compromiso da Xunta de Galicia cos concellos do rural para que poidan seguir avanzando en sustentabilidade, modernización de servizos e mellora da calidade de vida da veciñanza”
Galicia e outras 13 comunidades demandan ao Goberno central unha convocatoria extraordinaria da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente para abordar o estado de conservación do lobo
O obxectivo é retomar o procedemento que o Executivo central decidiu paralizar o ano pasado cando as autonomías rexeitaron a súa proposta de informe sexenal sobre a especie, posto que declaraba como desfavorable o estado de conservación das súas poboacións en contra das avaliacións autonómicas que o cualificaban de favorable