Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.669 novas da área temática Mar:

09/12/2025 | 19:54 | C. do Mar

A Xunta destaca o labor estratéxico de MarinnLeg no seguimento das políticas pesqueiras europeas

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu a reunión do Padroado da Fundación MarInnLeg, onde se abordaron as contas anuais e as liñas de traballo previstas para 2026

09/12/2025 | 18:02 | C. do Mar

Villaverde pon en valor o planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo como espazo único para a formación en navegación

O planetario, pioneiro en España e o segundo construído en Europa, continúa sendo unha ferramenta clave na ensinanza da astronomía náutica

09/12/2025 | 16:02 | C. do Mar

A Xunta presenta ao sector as ferramentas de xestión de licenzas de pesca recreativa e dá conta das novas obrigas comunitarias sobre a transmisión de capturas

A Consellería do Mar tratou recentemente con representantes do sector pesqueiro recreativo o cumprimento das obrigas derivadas da normativa europea

07/12/2025 | 12:51 | C. do Mar

Mar pon a disposición os cursos de formación sanitaria inicial que permiten aos profesionais do sector seguir enrolados

Na clausura dun destes cursos, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destacou que a Xunta realiza estas formacións para dar cobertura á falta de convocatorias do Instituto Social de la Marina (ISM)

06/12/2025 | 16:17 | C. do Mar; Axencia de Turismo de Galicia

Villaverde destaca que a Festa do Marisco do Barqueiro representa a esencia da nosa costa

A conselleira do Mar estivo acompañada polo director de Turismo de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Ferrol

05/12/2025 | 20:00 | C. do Mar

A Xunta avanza co sector na regulación das demasías en lonxa para dotar de maior seguridade xurídica ao marisqueo

A conselleira do Mar informa á Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra de que a orde que regulará a venda dos excedentes está xa en tramitación

05/12/2025 | 18:16 | C. do Mar

Mar pon en marcha unha web de estacións de rastrexo de parámetros ambientais dentro do proxecto Redecos

Esta acción pon a disposición do sector información relacionada cos efectos do cambio climático, co fin de seguir mellorando a produción e o cultivo de bivalvos

05/12/2025 | 16:56 | C. do Mar

Villaverde destaca a aposta de Alumar pola excelencia dos seus produtos e o seu compromiso coa mellora continua

A conselleira do Mar asistiu á entrega duns novos distintivos e posterior inauguración da ampliación da nave que esta compañía ten en Barro

05/12/2025 | 13:09 | C. do Mar

As vendas de produtos do mar co selo 'pescadeRías' superan as 15.000 toneladas e os 500 axentes adheridos

A marca, creada pola Xunta no 2008, avala a frescura, orixe e sostibilidade do peixe e marisco ao consumidor