Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por 210.000 euros as obras de humanización da rúa Rei de Viana, no concello de Leiro
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 28 de abril
A Xunta recibe unha oferta para a construción e concesión dunha cafetería no ámbito PS5 dos terreos da antiga ETEA en Vigo
O orzamento para a construción da cafetería estímase en 405.891€, mentres que para a fase de explotación, o valor estimado ascende a 9,8M€
A Xunta celebra os Días Europeos da Artesanía con actividades na provincia de Ourense e co evento Artesanía de Galicia en Merza
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe os obradoiros impulsados pola Asociación de Artesáns de Ourense no seu local e no taller de Olería do Batán en Baños de Molgas, e logo estivo na VI Fornada Tradicional de Niñodaguia
A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€
O obxectivo do fondo é financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes a través de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver en 8 anos
A Xunta licita por máis de 3,5 M€ a renovación do firme en 10 estradas autonómicas ao seu paso por sete concellos da provincia da Coruña
Trátase de actuar nas estradas VG-1.3, AC-161, AC-162, AC-163, AC-164, AC-173, AC-183, AC-230, AC-408 E AC-409, ao seu paso polos concellos de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras
Galicia autorizará o uso da IA na educación para a detección temperá de dificultades de aprendizaxe e deseñar recursos adaptados a cada estudante
Román Rodríguez aposta por “aproveitar as potencialidades” da IA para mellorar o ensino a través dun emprego regulado e responsable que dea certezas
Cerdedo-Cotoade amplía e mellora o acceso a Tenorio entre o campo de fútbol e o local da escola de música grazas a unha achega da Xunta de máis de 140.000 euros
O Plan Camiña Rural destina preto de 4 millóns de euros aos concellos da provincia de Pontevedra
A Xunta regulará por primeira vez un procedemento específico para a xestión de queixas, suxestións e agradecementos no sistema sanitario público de Galicia
A nova orde establecerá un marco xurídico propio para o ámbito sanitario que garantirá unha resposta á cidadanía nun prazo máximo de 30 días hábiles