Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.179 novas:

01/08/2026 | 10:04 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 626.000 euros a infraestrutura tecnolóxica necesaria para o centro de procesamento de datos do Hospital Público Novo Montecelo

Esta infraestrutura considérase esencial para o soporte das aplicacións corporativas, comunicacións e servizos dixitais do Servizo Galego de Saúde

01/08/2026 | 09:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora con 300.000€ cunha trintena de proxectos didácticos en galego

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas para fomentar a elaboración e publicación de recursos curriculares non universitarios na nosa lingua

31/07/2026 | 21:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a Shopping Night de Redondela e a Tarxeta Activa Comercio do Porriño polo seu pulo dinamizador ao consumo local da comarca de Vigo

O director xeral de Comercio e Consumo asistiu esta tarde á ‘Aloha Shopping Night 2026’, organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela e apoiada pola Xunta no marco das axudas autonómicas aos centros comerciais abertos

31/07/2026 | 20:07 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille

O lume afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado

31/07/2026 | 20:02 | C. do Mar

A Xunta e o sector do marisqueo a flote da Ría de Vigo avalían diversas opcións de xestión para garantir a sustentabilidade dos bancos

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, mantivo hoxe un encontro en Vigo con representantes da Asociación de Marisqueo a Flote Ría de Vigo e da Confraría de Baiona no marco da cogobernanza co sector

31/07/2026 | 19:58 | C. do Mar

Villaverde apela ao xeito de producir respectuoso do sector galego na inauguración da Feria Produart en Burela

A conselleira do Mar destacou o compromiso e a responsabilidade de produtores e artesáns locais e puxo en valor a crecente demanda social dun consumo sustentable e con conciencia ecolóxica

31/07/2026 | 18:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta impulsa a remodelación integral do Mercado de Abastos de Viveiro cun investimento de 500.000€

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que se modernizarán as instalacións, reorganizando espazos e potenciando a área de comercialización de peixe e marisco

31/07/2026 | 18:08 | C. do Mar

A Xunta e a Confraría do Grove avalían liñas de traballo conxuntas para reforzar a competitividade e a sostibilidade do sector marítimo-pesqueiro local

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo hoxe un encontro con directivos do pósito dentro do contacto permanente da Consellería do Mar coas entidades do sector