Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.227 novas da área temática Comercio:

26/11/2025 | 13:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta iniciará en Ribadavia o proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas coincidindo coa segunda edición do mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’

Por segundo ano, a vila acollerá un mercado de Nadal que reunirá produtos artesáns e alimentarios de calidade e potenciará o comercio local, dinamizando baixos en desuso e favorecendo a actividade no seu casco histórico

25/11/2025 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza ‘Prato de mercado’ para potenciar as prazas de abastos como referentes de calidade e proximidade co apoio máis de 30 chefs galegos

O acto reuniu 34 cociñeiros e cociñeiras galegas de 31 establecementos de restauración, unidos para presentar esta iniciativa de comercio de atracción destinada a fortalecer a conexión destes espazos co talento de chefs galegos de referencia

25/11/2025 | 13:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O padroado do IFEVI apoia de xeito unánime a inmediata posta en marcha do Plan Funcional e o Plan Estratéxico do recinto feiral

Ao vindeiro padroado, que se celebrará en decembro, levarase para a súa aprobación unha proposta de comisión de traballo integrada por membros deste órgano e usuarios do recinto que participarán na redacción do Plan Funcional e o Estratéxico

24/11/2025 | 13:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa na reunión do padroado de IFECO na que se abordou a planificación da entidade para o próximo exercicio

Os representantes autonómicos destacaron o papel estratéxico de IFECO na dinamización económica e empresarial da provincia

21/11/2025 | 16:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Canarias os proxectos ‘Enredadas’ e ‘Artesanía no Prato’ como casos de éxito de colaboración intersectorial na artesanía

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na I Convención de Artesanía de Canarias, que se está a celebrar en Tenerife coa participación de diferentes comunidades autónomas

21/11/2025 | 11:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel dos oficios artesanais na experimentación con novas narrativas e materiais na Maker Faire Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na mesa inaugural da II Xornada de Oficios que se celebra hoxe en Santiago de Compostela, co obxectivo de promover a conexión das novas xeracións cos oficios artesanais

19/11/2025 | 17:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima a apostar este Nadal polas plantas de produción local como elemento decorativo

Explica que cada planta que se produce en Galicia contribúe á transformación verde da Comunidade a través dun modelo de consumo sostible e da redución de emisións de CO2 asociadas ao transporte de longas distancias

19/11/2025 | 17:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o potencial emprendedor da artesanía galega na 3ª edición do congreso Modiña

O director xeral de Comercio e Consumo asistiu hoxe á primeira xornada —centrada na artesanía e nas novas tecnoloxías—desta cita apoiada polo Goberno galego polo seu propósito de dar un pulo ao emprendemento téxtil