Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.345 novas da área temática Deporte:

19/10/2025 | 10:33 | Axencia de Turismo de Galicia; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta pón en valor a 5ª edición da ruta de BTT do Viño de Valdeorras para a promoción turística da comarca

O director de Turismo de Galicia participou na saída da proba que conta con dúas modalidades de distinta lonxitude

18/10/2025 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na necesidade de promover a saúde no deporte de alto nivel e destaca o compromiso do Goberno galego neste ámbito

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na xornada ‘A saúde do deporte do alto nivel’, organizada pola Universidade da Coruña e a Administración autonómica no marco da Cátedra SXD Galicia Activa

18/10/2025 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa nos orzamentos de 2026 o proxecto Ferrol Cidade do Deporte cun investimento de 2,9 M€

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avanzou en Ferrol a achega destinada o próximo exercicio á execución das distintas obras previstas no marco do convenio asinado en 2024 co Concello

17/10/2025 | 14:34 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os triatletas Jarno Pousada e Antonio Serrat comparten as súas experiencias con estudantes lucenses na Delegación da Xunta

Alumnado de cinco centros educativos acudiu á charla, enmarcada no ciclo ‘Luz ao Deporte’, organizado pola Fundación Breogán coa colaboración do Goberno galego

14/10/2025 | 20:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
14/10/2025 | 19:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a plataforma solidaria ‘Terra Move’ como ferramenta de mecenado deportivo en colaboración coa Fundación Amare Terra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na presentación desta ferramenta dixital, que conta cunha achega do Goberno galego de 250.000 euros, e a través da que se facilita de xeito gratuíto a captación de fondos

14/10/2025 | 15:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete enxalza a Carreira pedestre popular de Santiago que “celebra o ámbito universal do deporte que nos une a todos e a todas”

Fai fincapé nos éxitos do atletismo galego, destacando o récord de atletas galegos que competiron nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París, chegando a unha decena e, máis recentemente os éxitos dos Mundiais de Atletismo e Para Atletismo en Xapón e na India