Actualidade
Buscador de novas
Medio rural destaca o papel do sector apícola galego de calidade como principal produtor de España
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe á celebración da XXXVIII Feira Apícola das Rías Baixas-Bee Happy Market, que se celebra no concello do Porriño
María José Gómez salienta que o valor económico da produción agroalimentaria ecolóxica se triplicou na última década
A conselleira María José Gómez participou hoxe na presentación da Memoria de 2025 do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, cuxa produción acadou un valor máis de 118 millóns de euros
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co rural coa entrega de máis de 540 títulos da concentración parcelaria en Mesía, que permitiu multiplicar por tres a dimensión das leiras
Destaca que o proceso permitiu “reducir o número de propiedades, aumentar a superficie e sobre todo dar moita máis utilidade nun concello agrogandeiro como este para poder traballar as terras e darlle un sentido a ter esas propiedades”
A Xunta avalía o impulso de novas iniciativas para fomentar o desenvolvemento rural e a prevención de incendios en Folgoso do Courel e Pantón
A conselleira do Medio Rural reuniuse hoxe cos rexedores destes municipios para avanzar na súa colaboración conxunta
O queixo Savel de Airas Moniz recoñecido como o mellor de España polo Salón Gourmets
Un total de 10 pezas galegas foron recoñecidas no Campionato dos Mellores Queixos de España 2026
Medio Rural apoia os criadores de razas autóctonas con 270.000 € para o seu impulso e conservación
Hoxe publícase a resolución correspondente desta liña, que ten 10 entidades beneficiarias e que persegue aumentar a rendibilidade das explotacións galegas
Medio Rural destaca o compromiso coa remuda xeracional a través das axudas para incorporación de mozos e plans de mellora
A conselleira María José Gómez visitou este mediodía a gandaría Casal-Vázquez en Melide, que foi beneficiaria destas achegas, e puxo de manifesto o orzamento da última convocatoria destas subvencións; 53 M€, a maior dotación desde o ano 2018
Rueda destaca a excelencia e calidade da gastronomía galega que reforza a súa presenza no Salón Gourmets de Madrid
Asegura que os produtos da terra e o mar galegos “representan a Galicia Calidade que queremos exportar a todo o mundo”
A Xunta dá luz verde ambiental ao cambio de uso de solo forestal a agrícola de varias parcelas para o plantado de viñedos no concello de Toén
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada