Actualidade
Buscador de novas
A Xunta anima á alcaldesa da Coruña a exercer as súas competencias no ámbito urbano respecto das VTC e deixar a confrontación
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asegura que o Goberno galego cumpre estritamente coa normativa vixente e as súas competencias polo que pide á alcaldesa da Coruña que, “se non quere cumprir coas súas, non intente escudarse na Administración autonómica”
As obras de prolongación da autovía AG-59 farán necesaria a afección ao tráfico na estrada AC-241, en Teo, a partir do vindeiro martes
A afección terá lugar no punto quilométrico 13+250 da AC-241, en Vilar, e é necesaria para a dotación da drenaxe e a reposición de servicios de baixa tensión e telefonía
A Xunta iniciará o luns o estendido da nova capa de rodaxe da AG-53, entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesario cortes de calzada
Nesta nova fase intervirase na calzada dereita da autovía, dándolle continuidade á renovación extraordinaria do pavimento desta vía libre de peaxe, na que a Xunta inviste máis de 5M€
A Xunta mellorará a conexión de Cangas coas praias e con Bueu durante os meses de verán
Os servizos adicionais funcionarán durante xullo e agosto no marco do reforzo previsto polo Goberno galego para darlle resposta ao incremento de desprazamentos na época estival a espazos naturais, festas ou praias e parques acuáticos
A Xunta lamenta os novos prexuízos aos usuarios do tren tras o descarrilamento dunha locomotora que afectou ao servizo entre Madrid e Galicia
O Goberno galego volve poñer de manifesto a súa preocupación polo caos ferroviario español e a falta de información ás persoas viaxeiras
A Xunta aposta pola formación dos axentes da agrupación de tráfico da Garda Civil na normativa relativa ao transporte
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou na inauguración dunha xornada formativa sobre a inspección de VTC destinada a estes axentes
A Xunta lamenta que o caos ferroviario de Renfe segue a afectar a Galicia nas últimas xornadas
Segundo trasladan persoas usuarias e plataformas, un dos trens que saía da Coruña onte pola noite retrasouse 15 minutos e esta mañá houbo demoras nos trens rexionais desde Ourense, Ferrol e Vigo con retrasos de ata 40 minutos nalgúns casos
A Xunta amplía os servizos de transporte público entre Ourense, Celanova e Bande e facilita os enlaces co resto da Baixa Limia e Terras de Celanova
Manuel Pardo informou que a liña Bande - Ourense aumentará o número de servizos dispoñibles todos os días da semana
A Xunta denuncia a desidia e falta de compromiso do Goberno central co transporte ferroviario en Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Parlamento de Galicia, onde lembrou “os anuncios sen concrecións, as promesas incumpridas e as infraestruturas e servizos pendentes” por parte do Ministerio de Transportes
As obras de conservación no viaduto do río Bouzos na vía de alta capacidade do Morrazo farán necesario afectar ao tráfico entre a saída de Cangas e á da PO-551
Trátase de executar as obras de recolocación do apoio de neopreno existente no estribo da estrutura correspondente coa viga central do viaduto, o que fará necesario traballar 3 días