Actualidade
Buscador de novas
Os hoteis e pensións galegos ingresaron nos primeiros dez meses do ano 408,1 M€
Os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística confirman un incremento do 5,2% nos ingresos do sector entre xaneiro e outubro deste ano
Belén do Campo anima aos propietarios de establecementos de aloxamento e restauración da costa a solicitar as axudas para a mellora dos seus negocios ata o 12 de decembro
A delegada da Xunta explicou que esta iniciativa, dotada con 5 millóns de euros estrutúrase en tres liñas principais: eficiencia enerxética, dixitalización e para melloras de fachadas, cubertas e muros
Camiño de Santiago, termalismo e a oferta de experiencias exclusivas e singulares de Galicia atraen aos operadores turísticos norteamericanos
Xosé Merelles reuniuse cos representantes dos axentes de viaxes máis relevantes de Nova York e a súa área de influencia co foco no voo directo a Galicia que comezará a operar o ano que vén
A Xunta enriquece a oferta de turismo cultural coa edición dun libro sobre a visita de Ruth Matilda Anderson a Galicia a comezos do século XX
Xosé Merelles asinou un acordo de colaboración coa Hispanic Society of America polo que a entidade cede as fotografías realizadas pola artista norteamericana nas dúas visitas que fixo a Galicia nos anos 20 do século XX para este traballo
Amplíase o prazo para solicitar as axudas a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral ata o 12 de decembro
A última convocatoria deixou preto de 600.000 euros na provincia e beneficiou a 18 establecementos
Belén do Campo inaugura en Cereixo o novo acceso ao Muíño de Mareas, unha actuación para poñer en valor esta contorna mariñeira co apoio da Xunta de Galicia a través do GALP Costa da Morte
A delegada da Xunta destacou que esta actuación “pon en valor un enclave de alto interese natural, cultural e etnográfico, reforzando a relación de Cereixo co mar e contribuíndo á difusión da súa riqueza ambiental e histórica"
A Xunta intensifica os contactos cos operadores turísticos americanos para incentivar a demanda tras o anuncio do voo directo Newark-Santiago
Xosé Merelles, de viaxe institucional en EEUU, reuniuse co director da Oficina Española de Turismo en Nova York e da asociación de axentes de viaxes en EEUU
A Xunta estreita lazos con Reino Unido a través da colocación de dúas mouteiras do Camiño de Santiago
Os símbolos estarán nas localidades de Reading e Winchester, por onde transita o coñecido como St James’ Way
Ana Ortiz e Cándido Rial destacan a aposta de Conxemar pola promoción dos produtos do mar na hostalería local
A delegada territorial da Xunta e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica puxeron en valor o concurso Conxemar Tapas, que permite amosar a versatilidade e calidade dos produtos do mar conxelados da nosa comunidade
Turismo de Galicia anima aos titulares de establecementos da franxa costeira a que soliciten as axudas ao embelecemento do litoral
Xosé Merelles inagurou esta xornada técnica que se celebra este luns na Cidade da Cultura