Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.522 novas da área temática Educación:

12/02/2026 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora co evento lúdico e educativo 'Funtastik no limits', que se celebrará desde o día 20 no pazo de Feiras de Lugo

A Delegación Territorial acolleu a presentación da cita, que se desenvolverá durante seis días e está dirixida tanto a centros educativos como ao público en xeral

12/02/2026 | 12:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
11/02/2026 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca a aposta de ASPACE pola innovación na rehabilitación infantil na presentación do exoesqueleto pediátrico

A delegada da Xunta puxo en valor o compromiso de ASPACE coa innovación aplicada á rehabilitación e destacou que este exoesqueleto permitirá que nenos e nenas que non podían camiñar poidan facelo, grazas a un dispositivo robótico que se adapta ao corpo infantil e imita o funcionamento natural do músculo

11/02/2026 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A rehabilitación do colexio Labarta Pose, en Zas, incluíra o illamento térmico das fachadas, o cambio de fiestras e a reforma das cubertas

O conselleiro de Educación explica no Parlamento que o proxecto está en redacción e que se licitará unha vez estea rematado o expediente administrativo-arquitectónico

11/02/2026 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
11/02/2026 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda visita a feira Innovart, cun cento de actividades para pór en valor o impulso ás ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas na comunidade

O encontro, que celebra a súa cuarta edición na Cidade da Cultura, conta coa participación de 26 centros educativos

11/02/2026 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta asina con CCOO, ANPE, UGT E CSIF a supresión da obriga dos interinos e substitutos de presentarse ás oposicións e mudar o sistema de chamamentos

Formaliza cos sindicatos unha addenda ao acordo que regula as condicións de traballo destes profesionais

10/02/2026 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a loita contra o acoso escolar cun novo programa de mediación que se implantará de xeito piloto en 20 centros educativos

Román Rodríguez fai fincapé na importancia de actuar desde “a sensibilización e a prevención” en coordinación cos centros e coas familias

10/02/2026 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As oposicións de Educación comezarán o 20 de xuño, con 1.601 prazas en 42 especialidades

A Mesa Sectorial analiza o decreto de oferta pública de emprego e a orde de convocatoria das probas, que se publicarán no DOG nas próximas semanas

10/02/2026 | 11:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta conciencia este curso a máis de 3.000 escolares de primaria sobre a importancia dos ríos e as consecuencias de posibles desbordamentos

Ángeles Vázquez salienta que o taller busca sensibilizar á cativada sobre a influencia que teñen as accións do ser humano nas contornas fluviais e o funcionamento das canles de auga así como o impacto das inundacións en certos núcleos de poboación