Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 540 noticias de la área temática Auga:

04/01/2025 | 11:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 647.000 € as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do Canedo, no concello de Ordes

As actuacións, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes na actualidade por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza do lugar cun horizonte temporal que vai ata 2045

02/01/2025 | 13:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remata as obras para estender a rede de saneamento en varias parroquias de Coirós cun investimento de máis de 850.000 euros

As actuacións, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, consistiron na execución de 16 novos treitos de colector que suman preto de cinco quilómetros e a construción de 135 pozos de formigón

01/01/2025 | 10:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 434.000 € a obra de ampliación da depuradora de augas de Triacastela

O prazo de execución da actuación é de seis meses e, ademais de aumentar a capacidade de depuración actual, mellorará o sistema e renovará por completo todos os equipos

30/12/2024 | 16:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Comunidade de Usuarios de Augas de Cristelos mellorou as súas instalacións grazas a unha axuda da Xunta de 12.000 euros

Máis de 100 entidades da área territorial de Pontevedra recibiron un total de máis de 1 millón de euros para mellora das súas instalacións e compra de material

30/12/2024 | 13:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a reparación do depósito de abastecemento de auga potable da vila en Porto do Son cunha axuda de máis de 78.000 €

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou o Concello para asinar a acta da actuación realizada ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental na liña non competitiva

20/12/2024 | 14:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Padrón avalían as propostas para a xestión do risco de inundacións no municipio

Ángeles Vázquez informou a Anxo Rei de que Augas de Galicia remitirá proximamente ao Concello varios proxectos de actuacións para a súa análise e proceder, a continuación, ao inicio da tramitación dos informes sectoriais e de afección

16/12/2024 | 11:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 16 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo

No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas

14/12/2024 | 14:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola mellora do saneamento de Melide coa incorporación de avances dixitais na súa estación depuradora

Ángeles Vázquez explica que se implantará unha nova plataforma de monitorización en remoto e en tempo real para a recollida continua de datos de diferentes fontes relevantes para coñecer o estado dos procesos e as posibles desviacións 

13/12/2024 | 11:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de mantemento e conservación nun tramo con risco potencial de inundación do río Belelle, en Neda

As tarefas inclúen a retirada de sedimentos retidos na presa para mellorar a capacidade hidráulica deste treito e outros preparativos que permitirán demoler o dique en febreiro

11/12/2024 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo de Augas de Galicia por reducir a pegada hídrica na comunidade e contribuír ao obxectivo de neutralidade climática

O orzamento para o vindeiro ano do organismo de conca autonómico inclúe un ambicioso programa de acción que permite abordar os retos actuais e os futuros na xestión do ciclo da auga