Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 591 novas da área temática Consumo:

16/11/2024 | 19:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforzará no 2025 a promoción da artesanía e produtos galegos a través da rede de centros da colectividade no exterior

José González expresou o seu recoñecemento ao traballo deste Centro, fortemente vencellado á Costa da Morte, no fomento das tradicións e da identidade galega, actuando de nexo cos emigrantes afincados tamén en Alemaña, Austria e Suíza

31/10/2024 | 12:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta prevé chegar en novembro co seu proxecto piloto de reclamación dixital a un cento de supermercados e en 2025 á electricidade e á telefonía

González puxo en valor este sistema de reclamacións a partir dun código QR, apostando pola simplicidade, axilidade e eficacia en favor das persoas consumidoras 

25/10/2024 | 15:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta resalta en Sagunto a aposta estratéxica de Galicia polo comercio local como eixo fundamental de desenvolvemento social e económico

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no XII Congreso Internacional de Cascos Históricos para poñer en valor o papel do comercio no dinamismo de barrios, vilas e cidades

24/10/2024 | 14:49 | C. do Medio Rural

A cuarta feira ‘L de Lugo’ exaltará a gastronomía lucense os días 27 e 28 de outubro co apoio da Xunta

A cita, organizada por Adislugo, contará con máis de cen expositores no Pazo de Feiras e Congresos

20/10/2024 | 10:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia a presenza da IXP pan galego no San Froilán para promover o seu consumo

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria colabora con esta indicación xeográfica protexida para favorecer a súa presenza nas casetas do polbo do San Froilán en Lugo, que estarán abertas todo este mes, así como en restaurantes da cidade