Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre a convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais dotada con 3,5M€
A través da orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia o Goberno galego apoia a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras
Galicia reduciu a súa débeda ata o 13,9% do PIB no ano 2025, a máis baixa desde o 2012
Galicia foi ao peche de 2025 a cuarta comunidade autónoma de réxime común con menor ratio de débeda/PIB
A Xunta destaca o papel dos concellos na promoción do deporte
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou na décima edición da ‘Xornada de xestión deportiva para pequenos e medianos concellos’, onde salientou o programa ‘Adestra a túa saúde’ como aposta de fomento da actividade física no eido local
A Xunta apoiará os concellos cunha nova liña de axudas dotada con 1M€ e destinada á adquisición de maquinaria para a prevención de incendios forestais
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou nunha xornada técnica de ‘ExpoMunicipal’ que esta nova medida está cofinanciada con fondos europeos Feder e vai dirixida a entidades locais de menos de 30.000 habitantes
A Xunta traslada o compromiso con Lugo en materias como a vivenda, os servizos sociais ou a sanidade nun encontro coa Deputación provincial
O Goberno galego vai habilitar 600 inmobles públicos e habilitar solo residencial para outras 1.200 vivendas na cidade de Lugo