Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 587 novas da área temática Exterior:

23/03/2025 | 09:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove a internacionalización das Letras Galegas con axudas para participar en residencias literarias no exterior

As persoas interesadas optan a un apoio de 5.000 euros que poden solicitar ata o vindeiro 30 de maio

22/03/2025 | 11:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Val do Dubra o oficio da ourivaría a través dun obradoiro colaborativo en homenaxe á emigración galega

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ao desenvolvemento desta actividade que imparte a ourive compostelá Susi Gesto

22/03/2025 | 10:22 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia de Turismo de Galicia viaxan a México para promover as oportunidades de retorno a Galicia

Este tipo de accións son fundamentais para informar de primeira man á colectividade galega no exterior sobre as posibilidades reais que existen para o seu regreso e sobre as potencialidades de formación do Centro Superior de Hostelería de Galicia

19/03/2025 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre mañá o prazo de inscrición ao curso de financiamento comunitario en Bruxelas ‘TecEuropa’

Durante o próximo mes poden presentarse as solicitudes para participar na 22ª edición deste programa de referencia en Galicia que se celebrará de maneira presencial na capital comunitaria entre o 23 e o 26 de xuño

18/03/2025 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Instituto de Cacheiras afonda na súa internacionalización cun programa de intercambios con Noruega impulsado pola Xunta

O obxectivo é favorecer a igualdade de oportunidades no ensino, promovendo a mobilidade de docentes e estudantes, así como a aprendizaxe de linguas

17/03/2025 | 18:20 | C. do Mar

Galicia reclama unha reforma da Política Pesqueira Común que responda de xeito eficaz ás necesidades e desafíos actuais do sector

O titular de Mar avoga por un modelo de xestión pesqueira equilibrado entre os factores medioambientais e os socioeconómicos, sustentado no coñecemento científico, e que reforza a pesca como piar da soberanía alimentaria

15/03/2025 | 20:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa

José González expresou o seu recoñecemento ao traballo desta asociación referente da galeguidade, que conta cun grupo propio de gaita e baile, ademais de ser unha das entidades promotoras do Camiño de Santiago no país helvético

15/03/2025 | 10:17 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia presenta no mercado portugués a súa proposta de turismo auténtico, diferencial e sostible

A 35 edición da Feira de Turismo de Lisboa permite explorar as posibilidades do mercado portugués, o principal emisor de visitantes á comunidade