Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza no deseño de solucións de adaptación climática para consolidar Galicia nos obxectivos de neutralidade
Ángeles Vázquez pon en valor a participación de Galicia no proxecto europeo SystR, que ten como obxectivo acelerar a adaptación ao cambio climático en Europa con solucións coordinadas e conectadas para conseguir unha resiliencia sistémica
A Xunta actuará este ano en preto de 300 quilómetros de canles fluviais para garantir un bo estado de conservación e previr o risco de asolagamentos
Ángeles Vázquez subliña que esta planificación inclúe tarefas ordinarias e preventivas de mantemento dos ríos, como a retirada de obstáculos, o control e xestión de vexetación ou a eliminación de especies exóticas invasoras
A Xunta aposta por combinar a redución das cargas burocráticas coas máximas garantías de protección ambiental para impulsar o desenvolvemento económico
Ángeles Vázquez salienta que ese é o obxectivo da Lei de administración ambiental simplificada de Galicia, que aprobará o Consello da Xunta neste semestre e unificará a normativa vixente axilizando os trámites de competencia autonómica e local
A Xunta licita por preto de 3,7 M€ a xestión das plantas de tratamento de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa
O contrato terá unha vixencia de tres anos e firma adxudicataria encargarase tanto da operación, mantemento e limpeza das instalacións como da distribución e venda do produto obtido, con aplicación no sector da agricultura e xardinería
A Xunta destina preto de 2 M€ en axudas á mellora e conservación dos espazos naturais protexidos galegos
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta desta nova convocatoria durante a visita a un dos beneficiarios da pasada edición
A Xunta expón a empresarios galegos da hostalaría o proxecto do Camiño do Litoral e a aplicación para difundir o patrimonio existente na súa contorna
Ángeles Vázquez salienta a importancia de poñer en marcha iniciativas que combinen a dinamización económica dos municipios costeiros co coidado do medio ambiente
Mar e Fundación Nueva Pescanova converterán Galicia no epicentro do debate global sobre a pesca e a acuicultura sostibles co IV Sustainable Seafood
A conselleira, Marta Villaverde, asinou co presidente da entidade o convenio de colaboración para a organización do encontro que se celebrará en Vigo o 28 de abril
A Xunta dá luz verde ambiental a unha planta de valorización de residuos non perigosos procedentes do sector da construción e demolición en Celanova
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Ángeles Vázquez avoga por comportamentos responsables e respectuosos co medio ambiente durante a observación da eclipse de agosto
Incide na importancia de respectar as restricións de acceso naquelas áreas protexidas que teñan limitacións de capacidade, así como de minimizar ruídos e iluminación artificial para non afectar á fauna
A Xunta destaca o papel dos Centros Galegos de Recuperación de Fauna Silvestre na atención a animais feridos ou débiles para devolvelos ao medio natural
Ángeles Vázquez explica que todo apunta a que estas aves se viron afectadas polos temporais encadeados das últimas semanas, o que lle impediu parar a descansar facendo que acabasen con episodios de esgotamento extremo e debilidade