Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.449 novas da área temática Agricultura e gandería:

29/03/2026 | 09:31 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza as medidas preventivas diante da dermatose nodular contaxiosa para seguir protexendo a cabana bovina galega

A Consellería do Medio Rural publicará mañá en DOG unha nova resolución que inclúe a ampliación do período de vixilancia veterinaria de 21 a 28 días para os bovinos procedentes de explotacións de fóra de Galicia

28/03/2026 | 20:10 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda asiste á Feira do Viño de Amandi, en Sober

O Goberno galego apoia a sector vitivinícola con diferentes liñas de axudas, con arredor de 12 M€ este ano

28/03/2026 | 14:02 | C. do Medio Rural

María José Gómez sinala o importante papel da tecnoloxía e a mecanización para o agro con motivo da feira Magreco

Destacou o papel que desenvolven estas ferramentas ao mellorar o traballo no campo e potenciar a produtividade e competitividade das explotacións agrogandeiras galegas, que son un referente a nivel europeo

28/03/2026 | 10:02 | C. do Medio Rural

O Centro de formación e experimentación agraria de Guísamo adscrito recibe un premio pola súa implicación na cooperación internacional

O CFEA, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de ser recoñecido pola Fundación Loyola Galicia pola súa participación nun proxecto educativo de desenvolvemento agrícola en Mozambique

27/03/2026 | 19:50 | C. do Medio Rural

María José Gómez enxalza o bo facer dos produtores agroalimentarios galegos nos Premios Semente

A conselleira do Medio Rural participou hoxe neste acto, celebrado en Xinzo de Limia, co que se recoñece o talento, a innovación, a sustentabilidade e a traxectoria de persoas, empresas e entidades vinculadas ao sector agroalimentario

27/03/2026 | 19:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza a contribución da Feira do Viño de Amandi ao patrimonio etnográfico da Ribeira Sacra

O representante do Goberno galego destaca que a viticultura heroica da zona está integrada entre os atributos excepcionais da candidatura a Patrimonio Mundial

27/03/2026 | 16:50 | C. do Medio Rural

A Xunta reflicte a aposta pola prevención e extinción de incendios forestais a todos os niveis na actualización do Pladiga 2026

A conselleira do Medio Rural presidiu hoxe a xuntanza do Consello Forestal, na que debullou as principais novidades incluídas neste documento

27/03/2026 | 15:40 | C. do Medio Rural

Medio Rural esixe ao Ministerio de Agricultura un maior compromiso co lácteo e a mellora da Lei da cadea alimentaria para determinar os custos de produción

A conselleira María José Gómez participou por videoconferencia nas reunións da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural e dos Consellos Consultivos de Política Agrícola e Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios

27/03/2026 | 12:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural convoca as axudas para a reestruturación e reconversión de viñedo cun orzamento de 4 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas achegas para este ano 2026 e para o 2027 que buscan adaptar as producións ás demandas do mercado

26/03/2026 | 15:03 | C. do Medio Rural

María José Gómez entrega os títulos da parcelaria de Alfoz, que triplica a superficie media das parcelas

A concentración de Pereiro-Oirás abrangue unha superficie de 362 hectáreas propiedade de 309 titulares e contou cun investimento de algo máis dun millón de euros que permitiu tamén reducir en máis do 70 % o número de predios