Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 721 novas da área temática Transporte:

29/03/2025 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A nova senda peonil e ciclista entre a Intermodal e San Caetano sitúa Santiago á altura das cidades europeas referentes en mobilidade sostible

A Xunta pon en servizo este treito do Eixo de Mobilidade Sostible de Santiago, que conta con 3,3 km de itinerario e no que se invisten 2,4M€

23/03/2025 | 15:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 3 M€ as obras de reforzo do firme de 5 estradas en 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia

18/03/2025 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto para a mellora de 61 paradas de autobús en sete concellos da comarca de Ferrol, que suporá un investimento de máis de 1,8 M€

Trátase de actuar no ámbito das rutas de acceso polo norte á cidade de Ferrol nos concellos da Capela, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Cedeira, Narón, Ortigueira e Valdoviño

13/03/2025 | 19:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata o investimento de máis de un millón de euros no acondicionamento da N-551, na contorna do Polígono de Areas

Os traballos permitiron mellorar a drenaxe dunha canle entre a A-55 e o ramal de enlace coa N-551; eliminaron un carril en desuso; reordenaron o aparcadoiro; e melloraron os vaos peonís

12/03/2025 | 21:14 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reitera a necesidade de que Galicia conte cun mapa aeroporturario coordinado e competitivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia onde apelou a unha coordinación efectiva e eficiente entre os concellos e AENA

12/03/2025 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o Plan de Transporte Público de Galicia que rexistra case 2,6 M€ de servizos anuais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou no Parlamento galego a constante adaptación deste plan ás necesidades da cidadanía e o seguimento e control exhaustivo do seu funcionamento levado a cabo desde o Goberno galego

10/03/2025 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede case 400 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de 2024, que facilitaron a compra de 328 de baixas emisións, 28 vehículos de emisións cero e 42 adaptados a mobilidade reducida

08/03/2025 | 14:26 | Axencia de Turismo de Galicia

A Ruta da Camelia en flor abre a tempada de Trens turísticos de Galicia 2025 con éxito de participación

O director de Turismo de Galicia inaugurou hoxe os itinerarios desta experiencia turística que permite coñecer diferentes pazos e xardíns con este recurso 

07/03/2025 | 13:14 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga polo impulso do Corredor Atlántico en Galicia con cifras e prazos concretos por ser clave para o desenvolvemento económico

Diego Calvo lembra ao Comisionado para o Corredor Atlántico que Galicia segue sen coñecer os investimentos e prazos das obras previstas nesta infraestrutura estratéxica

27/02/2025 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 1.000 escolares de 12 colexios da Mariña participarán nun programa piloto de educación viaria promovido pola Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, explica que as actividades comezarán o 6 de marzo no CEIP Lois Tobío de Viveiro