Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 444 novas da área temática Discapacidade:

04/06/2026 | 14:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo agradace a ‘Aspamadis’ o seu traballo a prol da empregabilidade das persoas con discapacidade

Manuel Pardo louvou o obxectivo de empresas como Aspamadis na procura de actividades susceptibles de ser desenvolvidas por persoas con discapacidade intelectual, no marco dun Centro Especial de Emprego, co obxectivo de promover a formación, a integración laboral e a normalización social

04/06/2026 | 11:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o pulo á integración laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusión coas axudas de 2026 á contratación de persoal preparador

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste ano do programa de emprego con apoio, ao que se destinan 450.000 euros

03/06/2026 | 15:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia as iniciativas que promoven a participación social e a vida activa dos maiores con discapacidade

Antón Acevedo agradeceu o respaldo das entidades sociais que contribúen a fomentar o envellecemento activo e garantir a integración das persoas maiores en todos os eidos

03/06/2026 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Política Social e Igualdade
02/06/2026 | 18:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo salienta o apoio da Xunta aos centros especiais de emprego cunha nova orde para o 2026 de 27 M€ para favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade

A delegada da Xunta visitou esta mañá as instalacións de Hornos Lamastelle un dos centros beneficiarios da pasada convocatoria destas axudas por un importe de máis de 646.000 euros

28/05/2026 | 11:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza a súa colaboración coa Faxpg cunha achega de preto dun millón de euros para este ano

A conselleira de Política Social e Igualdade mantivo unha xuntanza coa presidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para avaliar o novo convenio 

26/05/2026 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez recibe un recoñecemento póstumo polo seu compromiso co emprego público inclusivo

O acto tivo lugar no marco da xornada Construíndo Emprego, organizada por Fademga, que pon en valor o acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual

26/05/2026 | 12:50 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo destaca o importante papel que xoga o deporte para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade

O delegado territorial gabou esta iniciativa que reforza o traballo da Xunta en prol do deporte adaptado e inclusivo como demostra o Programa Xogade que xunta a oferta deportiva federada e escolar para os rapaces entre 6 e 16 anos e que garante a participación de todas as persoas con diversidade funcional