Actualidade
Buscador de novas
A Xunta organiza unha campaña de concienciación sobre a seguridade contra incendios nos polígonos industriais
A iniciativa contempla a realización dunha rolda de xornadas informativas dirixidas a empresas, organizacións e colexios profesionais que se desenvolverán entre os días 24 e 28 de novembro nos principais parques empresariais de Galicia
Manuel Pardo supervisa en Valdeorras as actuacións desenvolvidas pola Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes
No lugar de Abelaído, parroquia de San Vicente, o delegado territorial reiterou a prioridade da Xunta por unha restauración urxente e o máis rápida posible; “e niso estamos a diario”
A Xunta erixe o Pazo de Lourizán como símbolo da investigación forestal a nivel nacional
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, clausurou hoxe a xornada sobre Historia e proceso de rehabilitación da Finca de Lourizán, celebrada na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra
María José Gómez incide na importancia da xestión da biomasa nas faixas secundarias para previr incendios
A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a parroquia de Cudeiro, no concello de Ourense, onde se realizaron actuacións de limpeza e roza ao abeiro do actual convenio asinado coa empresa pública Seaga e a Fegamp
A Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil acordan crear unha comisión técnica para coordinar actuacións tras os incendios deste verán
O obxectivo é planificar accións conxuntas para protexer os ríos desta bacía do impacto do lume para o cal na comisión haberá representantes das direccións xerais de Patrimonio Natural e de Defensa do Monte, de Augas, da CHMS e dos concellos
Medio Rural destaca o papel das agrupacións forestais de xestión conxunta no incremento da produtividade e loita contra o abandono do monte
A conselleira María José Gómez visitou hoxe dúas destas entidades, situadas no concello ourensán do Bolo, e subliñou a súa contribución ao dinamismo do sector forestal galego, mediante a colaboración público-privada
Pontevedra acollerá unha xornada sobre a historia e o proceso de rehabilitación do Pazo de Lourizán
Celebrarase o vindeiro venres 21 de novembro no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, no Campus Universitario da Xunqueira
Rueda avanza que no 2026 estarán xa en marcha as 4.000 vivendas comprometidas para duplicar o parque público de Galicia e chegar así ás 8.000
Destaca que Galicia conta cun Goberno que “cumpre cos seus compromisos” e que “seguiremos apostando por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”
Rueda resalta a aposta da Xunta por consolidar Galicia coma referente na industria forestal, un sector que fixa poboación e xera riqueza e emprego
Lembra que se trata dun sector estratéxico para a economía galega e que permite dispoñer dun monte ordenado que reduce o risco de lumes