Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 565 novas da área temática Auga:

17/10/2024 | 15:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o seu compromiso coa industria das augas minerais, un sector en continuo crecemento en Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe ao peche do curso Aspectos fundamentais da industria das augas minerais

16/10/2024 | 11:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Ordes ultiman o proxecto para mellorar o servizo de abastecemento e saneamento desde O Mesón do Vento ata O Canedo

Tamén abordaron o proxecto municipal para reformar a estación de tratamento de auga potable (ETAP) da localidade, cuxo orzamento estimado ascende a preto de 1,45 M€

12/10/2024 | 14:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 440.000 euros o contrato para a primeira fase das obras de saneamento na parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo

A empresa adxudicataria encargarase de realizar os traballos necesarios para mellorar o servizo a este núcleo de poboación, enlazando novas instalacións coas infraestruturas existentes co obxectivo de chegar a todas a vivendas da zona

04/10/2024 | 14:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reabre o tráfico peonil na ponte da rúa Sol de Carballo e fará o mesmo co rodado antes de que remate este mes

As actuacións na zona, cun investimento da Xunta de máis de 6 millóns de euros, pretenden mellorar a capacidade de desaugue do río e minimizar as inundacións en momentos de condicións meteorolóxicas adversas

03/10/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por aproveitar os fondos europeos para investir en actuacións coas que optimizar a xestión da auga

O director de Augas de Galicia salienta a relevancia de facer unha planificación ampla que recolla as necesidades máis urxentes e recorra ás últimas tecnoloxías para asegurar a sustentabilidade na xestión dos recursos hídricos

01/10/2024 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta selecciona unha trintena de concellos de menos de 20.000 habitantes para optimizar as súas redes de abastecemento grazas ao uso das novas tecnoloxías

Adxudicados por 5,3 M€, os traballos incluídos no Plan de dixitalización da xestión do ciclo integral da auga empezarán en outono e deberán completarse en xuño de 2026

28/09/2024 | 12:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 1,1 M€ as obras de abastecemento aos núcleos de Nantón e Anós, en Cabana de Bergantiños

O obxectivo é dotar deste servizo a preto de 2.000 persoas pertencentes a ambas parroquias e á zona de implantación do futuro parque industrial da Costa da Morte

25/09/2024 | 18:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 1,7 M€ a mellorar o sistema de abastecemento de auga de Ares

Ángeles Vázquez subliña que esta actuación ten como finalidade poñer á disposición da cidadanía auga potable de calidade, presións de subministración axeitadas e garantir en todo momento o servizo

24/09/2024 | 14:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 1,3 quilómetros do río Umia, en Caldas de Reis

As tarefas que está a realizar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e biomasa para evitar atoamentos

23/09/2024 | 20:54 | A Presidencia da Xunta

A Xunta redactará o proxecto que impulsará a depuradora de Sisalde, no Concello de Ames

Esta actuación inclúese no Plan Hidrolóxico de Galicia Costa, cun investimento de máis de 20 M€