Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

31/01/2026 | 13:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Deputación de Ourense afondarán na súa colaboración para potenciar os mercados de abastos da provincia como dinamizadores da economía local

O conselleiro e o presidente provincialdefiniron as obras de mellora da praza de Xinzo, nas que cooperan o Goberno galego, a Deputación de Ourense e o Concello, como un modeloa replicar no resto de prazas ourensás

31/01/2026 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mellora e amplía as infraestruturas de abastecemento de auga do Concello de Palas de Rei cun investimento de preto de 100.000 euros

Ángeles Vázquez explica que esta actuación, financiada ao 100% por Augas de Galicia, beneficia de xeito directo a preto dun milleiro de veciños do casco urbano

30/01/2026 | 14:54 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles visita a actuación que se leva a cabo na Reitoral de Santa Comba de Bande para mellorar a oferta patrimonial da Baixa Limia

Turismo de Galicia e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asinaron un convenio co concello de Bande para equipar o inmoble tras as obras realizadas en 2021

30/01/2026 | 13:24 | C. do Medio Rural

A Xunta convocará o 5 de febreiro as axudas para mellorar os camiños rurais dos concellos

María José Gómez visitou esta mañá actuacións en execución de arranxo destas vías no concello de Baralla, correspondentes á convocatoria de 2025, na que este municipio recibiu unha axuda de case 83.000 euros ao abeiro deste plan

29/01/2026 | 15:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O prestixioso informe da Fundación Contemporánea elixe o CGAC como insignia da cultura galega en 2025

A Cidade da Cultura ocupa a segunda posición, mentres que o Centro Dramático Galego comparte a terceira co Festival Sinsal, o Festival Outono de Teatro e a Bienal de Pontevedra

29/01/2026 | 15:43 | C. do Mar

Villaverde defende en Bruxelas o papel da pesca e da acuicultura como piar da seguridade alimentaria europea

A conselleira do Mar participou nun foro internacional no que puxo en valor a achega dos produtos pesqueiros a unha alimentación saudable, sostible e de proximidade, así como o papel das rexións costeiras na definición das políticas comunitarias

29/01/2026 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
29/01/2026 | 12:09 | C. do Mar

A Xunta avanza na descentralización da tramitación das titulacións náutico pesqueiras para axilizar prazos e mellorar o servizo á cidadanía

O proceso iniciarase coa renovación das titulacións de lecer e apoiarase no novo sistema informático Xesten, desenvolvido pola Amtega

29/01/2026 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a nova orde de axudas extraordinarias ao retorno con 2,5 M€ destinados a apoiar os gastos iniciais do regreso dun milleiro de familias

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2026 destas achegas que permiten cubrir as primeiras necesidades dos galegos retornados, con apoios que poden chegar ata os 6.000 euros

29/01/2026 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue mantén unha reunión coa delegada en Galicia de Stop Accidentes, Jeanne Picard, para seguir avanzando en actuacións de seguridade viaria

A Xunta destinará este ano un investimento histórico de 71,6M€ á conservación e mellora da rede viaria autonómica