Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 2.441 noticias de la área temática Agricultura e gandería:

03/03/2026 | 16:06 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa na actualización da estratificación dos tramos de produción de leite das explotacións para adaptalos á actual realidade do sector

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu o grupo de traballo do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia que abordou hoxe esta cuestión

03/03/2026 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o aumento da capacidade da Central Agropecuaria de Galicia Abanca grazas ao novo pavillón do recinto feiral habilitado para os mercados de gando

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o novo espazo posto en marcha hai unhas semanas no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA para acoller case medio milleiro de becerros

02/03/2026 | 16:48 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García traslada ao alcalde de Cartelle o compromiso da Xunta cos servizos sociais no rural

A conselleira de Política Social e Igualdade avanzou que grazas ao acordo da Xunta e a Fegamp este municipio recibirá 514.000 euros ata 2028, o que supón unha inxección de máis de 151.000 euros para o servizo de axuda no fogar

28/02/2026 | 17:10 | C. do Mar; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reunirase en Bruxelas co comisario de Agricultura e Alimentación para defender os intereses do sector primario galego ante o tratado UE-Mercosur e o novo marco financeiro europeo

Manterá unha xuntanza o martes co comisario para trasladarlle a posición da comunidade ante a entrada en vigor provisional do tratado e esixir que as salvagardas aprobadas polo Parlamento Europeo sexan activadas de maneira áxil e efectiva

28/02/2026 | 10:42 | C. do Medio Rural

Alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias da Xunta complementa a súa docencia teórica con visitas en Ribadeo e a Asturias

En Ribadeo, onde ten a súa sede este CFEA, os estudantes coñeceron unha explotación agrícola en ecolóxico 

27/02/2026 | 21:04 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon en valor o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural como un recoñecemento de referencia dentro do sector agrogandeiro galego

A conselleira do Medio Rural participou no acto de entrega deste galardón á empresa Bico de Xeado, da cal destacou a súa aposta pola innovación e pola transformación do leite desde Galicia nun produto de alto valor

27/02/2026 | 18:27 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o liderado de Galicia no sector primario a nivel nacional

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participou hoxe na xornada técnica `A granxa do futuro, xa é presente´, organizada por GEA e Bioprana e celebrada na Gandaría Pastora, en Muxía