Actualidade
Buscador de novas
A Xunta completa a rehabilitación do firme da estrada LU-113, que sumou un investimento de 5,5 M€
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que esta semana rematan os traballos nos últimos 12,6 quilómetros que quedaban entre Xustás e Moncelos, aos que se destinaron 1,5M€
A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto do acondicionamento da AC-406 nos concellos de Val do Dubra e da Baña, cun investimento de máis de 4,3 M€
O obxectivo é mellorar o trazado do tramo de case 3,5 quilómetros, entre os puntos 18+477 e 21+925 desta vía, co fin de reforzar a seguridade viaria
Rueda anuncia que a Xunta destina 40 M€ á ampliación da autovía do Salnés e a melloras para facilitar as comunicacións nesa zona
A actuación contempla a ampliación da vía rápida entre Sanxenxo e A lanzada, da PO-308, a creación dunha senda peonil e ciclista por toda A Lanzada e medidas de protección medioambiental
A Xunta finaliza a construción da nova marquesiña de acceso ao IES Carlos Casares de Vigo
A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou as instalacións do instituto vigués no que se levou a cabo un investimento de 48.000 euros para a nova cuberta
A Xunta adxudica por máis de 430.000 euros as obras de mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, en Cospeito
Os traballos consistirán na ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como na habilitación de beirarrúas e nova iluminación
A Xunta pon en servizo o viario provisional que enlaza o Chuac coa estrada AC-10
Este viario dará servizo ao centro hospitalario mentres se abordan os traballos de ampliación do Chuac, nos que a Xunta leva investidos xa 85M€ na súa 1ª fase
A Xunta recibe dez ofertas para executar as obras de conversión en autovía de 4,9km da vía de altas prestacións Brión-Noia, licitadas por un orzamento de 11,2 M€
Das dez ofertas presentadas a este contrato, 6 delas están conformadas por UTE, e suman en total 16 empresas
A Xunta licita por 245.500€ as obras de acondicionamento da rúa Terra do Souto e da súa contorna en Rubiá
Estes proxectos desenvólvense ao abeiro do Plan Hurbe, un programa de apoio aos concellos para promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza