Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia en Santiago de Compostela un novo curso de especialización en marroquinería no marco do seu programa Aprender da tradición
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañou os participantes do curso de Marroquinería fina. Bolso de man coa técnica retournée, impartido polo artesán Ezequiel Franchi, de Raíces Nómadas Atelier (Ribadeo)
A Xunta pon en valor o acendido do alumeado de Nadal de Ribadavia e a súa sinerxía co proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
Na ponte de decembro a vila acollerá o mercado Artesanía, Saber e Sabor, que reunirá produtos artesáns e alimentarios de calidade, e en paralelo botará a andar o proxecto autonómico concibido para potenciar o comercio local, dinamizando baixos en desuso
A Xunta reafirma en Euskadi o seu apoio á irmandade de Centros Galegos no seu 40º aniversario
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto co gallo da efeméride, onde salientou que os centros galegos de Euskadi “son un exemplo de compromiso, de continuidade e de unidade, mantendo viva a cultura galega”
A Xunta pecha en Chantada a primeira edición do seu Laboratorio de fibras vexetais fibranzas centrado na profesionalización e na remuda xeracional da cestería
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, pechou esta semana o último dos módulos deste curso, impulsado polo Goberno galego en colaboración co Espacio Vilaseco, Os Casares e a cesteira Idoia Cuesta
A Xunta rexeita por incongruente o ERTE para a planta de Sargadelos en Cervo e insta á reanudación inmediata da actividade en defensa dos traballadores
Como autoridade laboral, o Goberno galego aprecia incongruencia na solicitude presentada ao non axustarse á normativa aplicable e demanda información e documentación adicional á dirección da empresa
Rueda anuncia a creación dunha rede de fomento do emprendemento baseada na colaboración público-privada
Hoxe asinouse un manifesto de vontades para crear esta nova plataforma ferramenta, que estará aberta a todo aquel que desexe adherirse no ámbito do ecosistema emprendedor galego
A Xunta cumpriu o seu compromiso con Sargadelos e insta á dirección a reanudar a actividade canto antes en defensa dos dereitos dos traballadores
Como autoridade laboral, o Goberno galego, como non pode ser doutro xeito, velará polo cumprimento da lexislación laboral e denunciará calquera ilegalidade
A Xunta está ultimando as obras da nova oficina de emprego de Vilalba, que contan cun investimento de 756.000 euros
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se acondicionan dous locais de titularidade autonómica para ofrecer a traballadores e usuarios unhas instalacións modernas e eficientes
A Xunta celebra mañá no mosteiro ourensán de Santo Estevo de Ribas de Sil o encontro Ultreia Galicia a prol do emprendemento ligado ao territorio
Como broche ao premio a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, 60 referentes internacionais, 30 empresas tractoras e un total superior aos 200 integrantes do ecosistema emprendedor participarán en diversos relatorios e mesas