Actualidade
Buscador de novas
A consellería do Medio Rural e Turismo de Galicia reforzan a súa coordinación a prol da dinamización económica do territorio
A conselleira subliñou que se trata de impulsar as sinerxías que se crean no rural mediante a suma de esforzos das entidades que impulsan o seu desenvolvemento
A Xunta urxe ao Consejo Jacobeo a axilizar os beneficios fiscais do Xacobeo 2027
O director de Turismo de Galicia reiterou hoxe a petición do Goberno galego ante este órgano dependente do Goberno central a través do Ministerio de Cultura
Arias destaca o apoio transversal da Xunta para impulsar os recursos e proxectos que conforman a oferta turística da Mariña
O delegado territorial de Lugo subliñou na presentación da nova campaña do xeodestino a aposta polo Plan de Sostibilidade e as axudas para actuar na contorna ou para reformar establecementos
A Xunta defende as súas competencias en materia de turismo e esixe maior implicación do Ministerio na coordinación coas comunidades autónomas
Insta ao Ministerio a establecer máis diálogo no ámbito das novas tecnoloxías e que a Secretaría de Estado para o Turismo, a través de Segittur, conte coas comunidades autónomas para os seus plans de extensión de redes de datos
Arias pon en valor a contribución esencial da Xunta á rehabilitación da Fábrica da Luz, en Lugo
O Goberno galego destina 2 millóns de euros ao Plan de Sostibilidade Turística, que inclúe entre as súas accións a transformación do inmoble nun centro de enogastronomía
A Xunta renova a súa colaboración co Entroido de Val de Francos, en Castro de Rei, que se celebra o 17 de febreiro
O delegado territorial, Javier Arias, felicitou á Asociación Cultural Val de Francos por manter viva a tradición desta festa, que implica ás parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno
A Xunta colabora coa Asociación de Hostalería de Lugo para incorporar ao sector a 100 persoas desempregadas
O delegado territorial, Javier Arias, comprobou a marcha do último Plan Integrado de Emprego, que prevé desenvolver 18 actividades formativas e outras accións ata outubro deste ano