Actualidade
Buscador de novas
O Servizo Galego de Saúde acollerá nos seus centros asistenciais 44 alumnos dos ciclos superiores de FP dual de técnico superior en dirección de cociña e de laboratorio clínico e biomédico
Gómez Caamaño cualifica este acordo como estratéxico para a sanidade pública, nun contexto no que se precisan profesionais ben preparados e con coñecemento directo da contorna asistencial
A Xunta reivindica a fortaleza do portugués no ensino con máis 5.000 estudantes matriculados e un plantel de profesorado estabilizado e realista
O director xeral de Centros e Recursos Humanos explica que as prazas convocadas nas últimas oposicións “cobren practicamente o 100% da interinidade existente”
A Xunta ratifica o compromiso coa mellora educativa en Betanzos cun investimento de máis de 5,5 M€ nos centros escolares deste concello
O secretario xeral técnico da Consellería de Educación advirte que o Goberno galego está asumindo “en solitario” a renovación de instalacións mentres “seguimos esperando” un Plan nacional do Goberno do Estado
A Xunta lanza unha campaña para evitar o ciberacoso entre a mocidade fomentando un uso responsable e empático das novas tecnoloxías
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha mañá no municipio lucense de Chantada esta iniciativa que percorrerá seis centros Xove durante un mes
A Xunta inviste máis de 75.000 € nun ascensor no CEIP Virxe de Covadonga da cidade de Ourense
Manuel Pardo explicou que a finalidade desta actuación é mellorar a accesibilidade entre as diferentes plantas, dispoñendo para iso de catro paradas, capacidade para oito persoas, e adaptado para persoas de mobilidade reducida
A Escola Mestre Mateo da Xunta amosa o potencial creativo dos seus alumnos na Gala Despunte 2026
A Cidade da Cultura acolle mañá o desfile de coleccións de moda dos estudantes, nunha cita que congregará uns 700 convidados
A Xunta salienta que EdugalIA mellorará o sistema educativo en eidos clave como a loita contra o abandono escolar e a atención á diversidade
Judith Fernández refírese a unha “aposta estrutural de país” para pasar “da simple dixitalización a unha gobernanza intelixente” a través da IA
A Xunta adxudica a Fsas Technologies a adquisición do novo supercomputador do Cesga por máis de 25M€
O Finisterrae IV, que duplicará a capacidade de almacenamento actual, está deseñado para dar resposta ás novas necesidades de cómputo da intelixencia artificial
Román Rodríguez destaca a nova etapa do Campus Terra como unha oportunidade para reforzar Lugo como polo de I+D+I neste ámbito
O conselleiro de Educación e o reitor da Universidade de Compostela presentan o convenio para desenvolver a súa estratexia ata 2029, dotado con máis de 4,7 M€