Actualidade
Buscador de novas
Hoxe entran en vigor os orzamentos de Galicia 2026 cun reforzo sen precedentes do gasto social, máis rebaixas fiscais e un impulso ao tecido produtivo coa innovación
Trátase dos orzamentos máis altos ata o momento, chegando aos 14.240 millóns de euros
A Xunta inviste preto de 80.000 euros para a diminución da contaminación lumínica no concello da Cañiza
Os traballos consistiron na substitución das antigas luminarias por unhas máis modernas e adaptables, así como dos seus soportes, cableado e cadros eléctricos
Marta Forés, Manuel Francisco e Luisa Piñeiro toman posesión como novos altos cargos de Medio rural
O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez
A Xunta licita por máis de 550.000 € a limpeza do centro de especialidades de Mollavao e de 24 centros de saúde da área de Pontevedra e O Salnés
O contrato ten unha duración prevista de seis meses e prevé a limpeza dunha superficie total de aproximadamente 27.900 metros cadrados
A Xunta apoia ao Concello de Mondariz na adquisición dun camión destinado á recollida de residuos
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o municipio, que renovou o equipamento cunha achega de case 183.000 euros por parte do Goberno galego, o 70% do custo total
A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías
O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman entre setembro e novembro 184 subvencións concedidas por case 2,7M€
María José Gómez anima aos concellos a adherirse ao convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias para contar co apoio da Xunta nestas tarefas
Os municipios interesados nesta iniciativa poderán sumarse a ela a partir do día 29 de decembro cando se publique o acordo no Diario Oficial de Galicia
A sede electrónica da Xunta permite xa separar en carpetas específicas as tramitacións persoais das profesionais
As persoas profesionais, autónomas ou intermediarias poden crear un espazo específico diferenciado para os trámites relacionados coa súa actividade
A Xunta contribúe con máis de 17.000 euros á mellora do equipamento do parque biosaludable de Ortigueira
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde da localidade, Valentín Calvín, supervisaron esta mañá as actuacións financiadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes