Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 1.795 noticias de la área temática Economía:

13/09/2025 | 10:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o obradoiro Artesanía Enxebre de Valdeorras como exemplo de emprendemento e garante da continuidade dos oficios tradicionais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co director de Turismo, Xosé Merelles, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o obradoiro de Sarah-Jane Borcuk Cardoso e Lalo Gesteira Martíns, inscrito en Artesanía de Galicia

12/09/2025 | 14:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anima aos establecementos a presentarse aos Premios Comercio Galego 2025 que poñen en valor o traballo destes profesionais claves na dinamización económica

A representante do Goberno autonómico lembrou que os establecementos interesados en optar aos premios poden presentar as súas candidaturas ata o próximo 26 de setembro

12/09/2025 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o compromiso coas pequenas e medianas empresas como motores de emprego e piares fundamentais do tecido produtivo galego

José González entregou o galardón a Grupo Intaf, empresa premiada esta edición no evento organizado polas cámaras de comercio da Coruña e Santiago en colaboración coa de España e que agora participará no Premio Nacional Pyme del Año 2025

11/09/2025 | 13:24 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en valor a Oficina Económica de Galicia como “nova forma de relacionarse co tecido empresarial” e motor para atraer investimento e acelerar proxectos industriais

A directora do Igape, Covadonga Toca, expón no Parlamento de Galicia un modelo que busca facilitar o labor das empresas, unha xanela única que simplifica trámites, reduce burocracia e ofrece acompañamento en tempo real, situando ao tecido produtivo no centro da acción pública 

10/09/2025 | 15:23 | Axencia de Turismo de Galicia

La Vuelta despídese de Galicia tras tres etapas co Barco de Valdeorras como sede inédita

O director de Turismo de Galicia asistiu á saída dos corredores na 17 etapa, onde lembrou o potencial dos eventos deportivos para posicionar Galicia como destino

07/09/2025 | 15:35 | C. de Economía e Industria

Lorenzana visita a gasolineira San Roque na que xa se pode retirar diñeiro en efectivo

O Goberno galego, Abanca e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) asinaron un acordo que permite que naqueles concellos rurais con menos de 20.000 habitantes sexa posible retirar pequenas cantidades de diñeiro nas estacións de servizo adheridas

07/09/2025 | 13:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o papel das startups como un modelo viable, innovador e con futuro para Galicia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Nigrán as instalacións de Vig-Sec Drone, unha startup especializada en servizos operativos con drons

06/09/2025 | 12:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a boa acollida un ano máis da liña Igape-pemes que leva recibidas máis de 1.500 solicitudes de autónomos e microempresas

O Goberno galego incrementou o orzamento deste programa de apoios ata os 19 millóns de euros  que poderían poñer en circulación ao redor de 150M€