Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inaugurará no Gaiás este outono unha exposición que inclúe preto de 40 obras de arte galega do Museo Nacional Reina Sofía
Ser Noutras establece un diálogo entre artistas galegos pertencentes á colección desta institución e outros creadores contemporáneos que están a realizar 15 obras e instalacións inéditas para este proxecto
A Xunta concede sete bolsas de lectorados de lingua en universidades do Brasil, Croacia, España e Portugal
Estas persoas impartirán actividades relacionadas coa docencia, coa difusión e coa promoción do idioma, a cultura e a literatura galega, entre outras
Valentín García destaca a contribución do galego na riqueza e diversidade cultural europea
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a proxección da Xunta do noso idioma con bolsas de lectorados en 21 institucións académicas europeas
Santiago acollerá en novembro a Bienal Estatal de Circo co apoio da Xunta
O encontro, co que colabora a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, reunirá na cidade a artistas, compañías, programadores e distribuidores
Anxo M. Lorenzo erixe a exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea sobre Kounellis como mostra da implicación de Galicia en proxectos internacionais
A entidade museística da Xunta exhibirá, ata o 24 de xaneiro de 2027, o legado do máximo expoñente da ‘Arte Povera’ e un dos creadores máis relevantes do século XX
A Xunta financia con 20.000 euros a nova actuación arqueolóxica que se desenvolve no castro de Zoñán, en Mondoñedo
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou a marcha dos traballos, que inclúen a escavación duns 40 m2 de superficie, labores de planimetría ou o análise dos materiais recuperados
A Xunta apoia a Programación Kármica que ofrecerá sete citas musicais con concertos de once grupos en cinco salas galegas
Taïn abre mañá venres na Sala Guión de Pontedeume un cartel do que tamén forman parte Camellos, Cora Yako, Javier Lago, Santi Araújo, Montedapena, Nuntia, Portosanto, Hermanos Visi, Estrogenuinas, Agoraphobia e Eladio y los Seres Queridos