Actualidade
Buscador de novas
Rueda defende a capacidade do rural para atraer investimentos industriais, innovadores e que contribúan á transición ecolóxica
Agradece á empresa a súa aposta por seguir mellorando, innovando e consolidando a industria na nosa comunidade á vez que forma o talento para retelo
A Xunta dá luz verde ambiental á instalación dunha planta solar fotovoltaica para autoconsumo no porto exterior de Ferrol-San Cibrao
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta sinala as zonas experimentais como espazos clave para avanzar no desenvolvemento da eólica mariña en Galicia
Lembra que a Comunidade quere estar na primeira poxa de megavatios de eólica mariña que se convoquen en España para aproveitar a oportunidade de estar á vangarda desta tecnoloxía
Lorenzana destaca o apoio que a Xunta presta a empresas e autónomos para que invistan en melloras de eficiencia enerxética
Destaca que a liña de axudas convocada este ano conta cun orzamento de 7,5 millóns de euros e está aberta ata o 15 de setembro
A Xunta mobiliza 7,5 M€ para impulsar a eficiencia enerxética e a sostibilidade nas empresas galegas
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou a empresa Intasa, beneficiaria destas achegas
A Xunta tramita a repotenciación de preto de 20 parques eólicos para eliminar 626 aeroxeradores e aumentar nun 35% a súa produción de enerxía renovable
A maiores dos cinco parques galegos repotenciados antes de 2020, só nos dous últimos anos o Executivo autonómico autorizou xa oito proxectos deste tipo e recibiu nove solicitudes máis, que se atopan en fase de avaliación ambiental
A Xunta crea tres novas Business Factory especializadas en biotecnoloxía, saúde e enerxía que impulsarán arredor de 70 novos proxectos entre 2026 e 2028
Rueda salienta que a rede de aceleradoras impulsada polo Goberno autonómico consolida Galicia como a sexta comunidade con máis empresas innovadoras de España
A Xunta destaca que o novo Plan Eólico busca abaratar a enerxía para os consumidores
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, compareceu hoxe na Comisión 6º do Parlamento para dar conta da situación enerxética da Comunidade
Belén do Campo destaca en Irixoa o apoio da Xunta de máis de 21.000€ para a renovación da rede de iluminación pública en Coruxou
A delegada da Xunta puxo en valor “o firme compromiso da Xunta de Galicia cos concellos do rural para que poidan seguir avanzando en sustentabilidade, modernización de servizos e mellora da calidade de vida da veciñanza”