Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.172 novas da área temática Formación:

13/09/2026 | 10:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta organiza en Chantada unhas xornadas sobre os oficios artesanais ligados á construción tradicional

A Fundación Artesanía de Galicia organiza o encontro Oficio, arquitectura e territorio, que se celebrará os días 26 e 27 de setembro e co que se busca vincular a arquitectura co territorio e coa artesanía contemporánea

08/09/2026 | 14:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra que máis da metade das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Arteixo 2025-2026 atopasen xa un traballo

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe no acto de clausura do PIE impulsado polo Concello de Arteixo e apoiado polo Goberno galego cunha achega de 220.000 €, que supón a 14ª edición da iniciativa

04/09/2026 | 12:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aneiros destaca en Narón a aposta da Xunta pola formación para o emprego cunha convocatoria de 60 M€

A delegada territorial da Xunta en Ferrol visitou hoxe no centro de formación Impulsa Formación y Empleo ao alumnado dunha das Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD) que o centro imparte cunha achega de máis de 124.000 euros do Goberno galego

03/09/2026 | 12:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta implementará a través da aplicación móbil de EMi novos recursos a prol da empregabilidade como un xerador de currículos con intelixencia artificial

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego avanzou hoxe no Parlamento que a app ligada á ferramenta de IA que está a posibilitar o perfilado competencial no Servizo Público de Emprego de Galicia estará activa este semestre

31/08/2026 | 18:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 450.000 euros no obradoiro de emprego que comparten Paradela, Láncara e Samos

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou hoxe as melloras que se están a executar no exterior do colexio público de Paradela, onde tamén se encargarán de acondicionar tres miradoiros

28/08/2026 | 16:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Instituto Manuel Murguía de Arteixo estrea instalacións renovadas no inicio de curso

O conselleiro de Educación visitou hoxe o centro, no que se investiron máis de 1,2 M€ para facer unha rehabilitación integral

27/08/2026 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Academia Galega de Seguridade Pública acollerá no último cuadrimestre deste ano máis dunha vintena de cursos para axentes de Policía Local con case 550 prazas dispoñibles

A Agasp é o centro de referencia na formación dos efectivos das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias de Galicia con actividades coma estas incluídas no plan de formación continua e tamén se encarga dos procesos de selección e da formación das novas promocións de Policía Local 

24/08/2026 | 14:44 | C. do Mar

A Xunta pon en valor ás axudas para impulsar a remuda xeracional no sector pesqueiro

Os interesados poden presentar a súa solicitude ata o 30 de outubro nunha convocatoria dotada con 350.000 €

16/08/2026 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa unha nova edición do programa Innovación e Talento Novo a prol da conexión entre o ecosistema emprendedor e o ámbito universitario

Neste sentido, as persoas emprendedoras interesadas en inscribirse poderán facelo ata o 21 de agosto a través de U4impact

16/08/2026 | 09:27 | C. do Medio Rural

Bombeiros forestais vascos fórmanse este verán en Galicia nun intercambio co dispositivo contra incendios da Xunta

O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural recibiu un grupo de profesionais da Deputación de Bizkaia no Centro de Coordinación Central de Santiago de Compostela