Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo pon en valor o labor da gandería Costoya na conservación da raza Limia e o traballo de BOAGA na defensa das razas autóctonas galegas
A delegada destacou que BOAGA desempeña un papel fundamental na conservación, recuperación e mellora destas razas, así como no apoio aos gandeiros, impulsando a produtividade e rendibilidade das explotacións e ofrecendo asesoramento aos profesionais dos criadores
A Xunta reforza a nova convocatoria de accións formativas para persoas desempregadas cunha ampliación de crédito de 20 M€
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresa Telemática Galicia, na que se están a desenvolver diferentes accións formativas para persoas desempregadas (AFD) que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración apoia a través da convocatoria 2025-2026
A Xunta ultima a adxudicación da plataforma dixital do mercado voluntario de créditos de carbono de Galicia para avanzar na neutralidade climática
O sistema de créditos de carbono da Xunta funcionará de xeito similar a un mercado virtual no que se porá en contacto aos promotores de actividades xeradoras de créditos de carbono cos potenciais interesados en adquirilos voluntariamente
A Xunta resalta o acordo acadado xa con 6 sindicatos para a mellora da atención primaria en Galicia e chama á ministra de Sanidade a negociar de verdade sobre o Estatuto Marco
As negociacións entre a Consellería de Sanidade e o sindicato médico O’Mega permiten poñerlle fin ao paro indefinido de facultativos que provocou a suspensión de máis de 72.000 consultas en centros de saúde desde o pasado 2 de marzo
Rueda anuncia que a Xunta destinará un total de 270 M€ a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade
Sinala que o vindeiro Consello do Goberno galego autorizará un plan de máis de 150 M€ que se sumará aos máis de 120 M€ que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central
A Xunta convoca os fondos de cooperación por 11,7 M€ para axudar aos concellos na rehabilitación do patrimonio construído e promoción de nova vivenda protexida
O Goberno galego destina 8,6 M€ ao fondo de cooperación cos concellos para o financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción, que se convoca por segundo ano
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
A liña enmárcase dentro da estratexia de actuación de Turismo de Galicia e no Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027
O delegado territorial de Ourense supervisa o remate das obras da nova cuberta do CEIP de Prácticas ás que a Xunta destina preto de 125.000€
O delegado territorial explicou que, con esta nova infraestrutura, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional busca mellorar as condicións do centro educativo e garantir unha maior eficiencia enerxética, en liña cos obxectivos do Plan de nova arquitectura pedagóxica impulsado pola Xunta de Galicia