Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor os máis de 30 anos de compromiso de Aspadisol en favor das persoas con discapacidade de Oleiros e das súas familias
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou na xornada de portas abertas organizada pola entidade para dar a coñecer o seu centro ocupacional
A Xunta licitará a fase 2.1 do Novo Chuac que inclúe a escavación sobre a que se levantará o novo edificio asistencial
A previsión é adxudicar a licitación antes de que remate o ano destas obras que contemplan actuacións de demolicións e escavacións, así como a execución dos movementos de terras e a xestión dos materiais naturais xerados
Medio Rural salienta o papel da distribución para achegar á cidadanía os produtos galegos de calidade diferenciada
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu á presentación de Vive Galicia, a campaña anual de Alcampo para promover os produtos agroalimentarios galegos
O delegado da Xunta e o alcalde de Pastoriza abordan actuacións para mellorar infraestruturas e servizos no concello
Villares destaca que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de aprobar dúas axudas que suman 95.300 euros para realizar melloras na rede de abastecemento municipal e para acondicionar os vestiarios do pavillón de Bretoña
A Xunta inicia os traballos para elaborar o vindeiro Plan de Financiamento Universitario
Constitúe o grupo de traballo para elaborar a folla de ruta para o período 2028/32, que consolida Galicia como referente na planificación dun financiamento forte e estable
A Xunta financia con 29 M€ a actividade científica de 149 grupos e proxectos de investigación
A Consellería de Educación apoia os equipos máis competitivos do sistema da I+G+i: 65 na USC, 35 na UVigo, 27 na UDC e 22 noutras entidades de investigación
Medio Rural inviste 680.000 euros na mellora de camiños nos concellos da comarca da Ulloa
A conselleira do Medio Rural visitou unha das actuacións acometidas no concello de Palas de Rei, que recibiu case 269.000 euros nos últimos tres anos para mellorar as súas infraestruturas viarias
Lorenzana anuncia que a Xunta desenvolverá o futuro parque empresarial de Portanxil-Pegariños situado en Ames
A conselleira de Economía e Industria e o alcalde deste municipio, Blas García, reuníronse hoxe en San Caetano para abordar as necesidades de solo industrial do concello coruñés
Mar inviste 1,8 M€ en reforzar a estrutura do dique de abrigo do porto de Burela con 160 bloques de formigón de 56 toneladas
Marta Villaverde visitou as obras que está a executar Portos de Galicia e que permitirán tamén adaptar esta infraestrutura ao posible incremento do nivel do mar no horizonte 2100
A Xunta impulsa un ano máis as festas de Ferrol nun momento no que a cidade consolida o seu crecemento turístico cun 48,6 % máis de viaxeiros
Vanesa Martín, Siloé, Budiño, Leire Martínez e Paula Koops, entre outros artistas e bandas, actuarán ao longo dos 10 días de celebración