Actualidade
Buscador de novas
A Xunta concede axudas ao emprendemento por valor de 250.000 euros a preto dunha trintena de empresas de Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros visitou esta mañá o cámping da praia do Raso, en Ares, un dos negocios beneficiarios da convocatoria de 2024
A Xunta presenta a campaña ‘Merca no teu comercio’ para promover as vendas de proximidade co foco posto nos barrios e nos concellos do rural
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participaron na presentación da iniciativa enmarcada na colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Comercio
A Xunta amosálle a escolares de primaria da provincia de Lugo o oficio da elaboración de zocos a través do proxecto ´Artesanía na Escola´
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata o CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López, de Sarria, e ata o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda nunha nova xornada do programa
A Xunta salienta os máis de 7 M€ investidos na Laracha para mellorar a empregabilidade da veciñanza e atender as demandas do tecido produtivo local
O concello é un dos 58 beneficiarios da última convocatoria dos programas integrados de emprego, cun apoio de 220.000 euros, e ademais acolle un dos 87 obradoiros duais que promove a Xunta en toda Galicia, cunha achega de preto de 412.000 euros
A Xunta achega a escolares de Vigo unha nova unidade didáctica do seu proxecto ‘Artesanía na escola’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata o CEIP Plurilingüe Seis de Nadal para asistir á demostración da zoqueira Elena Ferro, protagonista dunha das unidades didácticas deste programa de divulgación da artesanía
A Xunta reunirá nos pendellos de Agolada preto de 60 artesáns e máis de 30 empresas de produtos gourmet na duodécima edición do Corazón da artesanía
A Fundación Artesanía de Galicia organiza o XII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de xullo