Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia a construción do novo colexio do Milladoiro para atender o incremento do alumnado
Os conselleiros de Educación e Vivenda visitan en Ames a parcela para dar conta do inicio das obras, que arrancan esta semana cun prazo de execución de 18 meses
A Xunta completa a senda entre a intermodal de Santiago e San Caetano coa posta en servizo do paso inferior baixo a SC-20 e as novas ramplas accesibles
Con estas intervencións, a senda conta cunha alternativa de baixada máis directa, a través das avenidas Rodríguez de Viguri e de Lugo, polo carril de servizo, ata o paso inferior, polo que poden baixar as bicicletas e conectar co itinerario
A Xunta anuncia axudas económicas para recuperar terreos e hábitats cinexéticos e infraestruturas de uso público danados polos incendios forestais
Ángeles Vázquez explica que se cubrirán gastos relacionados coa sementeira de cereais para garantir alimento para a fauna silvestre e a recuperación dos solos así como a reposición e reparación de miradoiros, varandas, pasarelas de madeira, material de sinalización e elementos de áreas recreativas, entre outras instalacións
A Xunta recibe catro ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para dotar de aparcamento ao Hospital Clínico de Santiago e mellorar os accesos
Das catro ofertas presentadas a este contrato, 3 delas están conformadas por UTE, e suman en total 9 empresas
A Xunta executa a glorieta na estrada AC-862 coa AC-115 en Xuvia, no concello de Neda, que reforza a seguridade viaria e a fluidez do tráfico da contorna
Trátase de reformar a intersección existente con forma de “t” nestas dúas vías autonómicas, co obxectivo de favorecer o fluxo do tráfico e a calidade urbana
Román Rodríguez destaca que a Xunta rematou xa máis do 80% das obras de verán nos centros educativos
O conselleiro de Educación explica desde Arbo que a previsión é que as 227 pequenas e medianas intervencións, por máis de 3M€, estean finalizadas no inicio do curso
A Xunta avanza na execución do novo treito da autovía Tui-A Guarda entre o enlace do polígono de areas e a PO-350, cun investimento de case 18 M€
Xa están rematadas as tarefas de limpeza da área das obras e a mellora do firme dos camiños de servizo en Tomiño e progresan os traballos de explanada no treito máis próximo ao polígono de Areas
A Xunta inicia a obra de transformación da glorieta da estrada AC-546 en Negreira, que permitirá a mellora da seguridade viaria no acceso ao polígono de Covas
Trátase de converter a rotonda partida existente no acceso deste polígono industrial, nunha glorieta completa de 31 metros de diámetro exterior
A Xunta remata a actualización do proxecto para a renovación da rúa Serra de Meira, en Lugo
Javier Arias adianta que se prevé un investimento duns 882.000 euros e que o seguinte paso debe ser a sinatura dun convenio co Concello de Lugo para poder actuar nesta vía de titularidade municipal
A Xunta adxudica por máis de 7,2 M€ o contrato para a conservación e o mantemento das autoestradas autonómicas AG-53 e AG-54 nos vindeiros 4 anos
Trátase de seguir garantindo os traballos de conservación ordinaria e de vialidade na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54)