Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

21/10/2025 | 14:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta brindará o seu apoio económico aos concellos da cunca do Río Douro para impulsar a mellora do servizo de depuración de augas na comarca

Tras lembrar o compromiso de colaboración asumido polo presidente hai uns meses, Ángeles Vázquez salienta a aposta do Goberno galego por apoiar aos concellos máis pequenos nun eido fundamental para o medio ambiente como é a depuración

21/10/2025 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta exixe un plan de contixencia para garantir que a nova EDAR da Silvouta non cause máis vertidos

Augas de Galicia estudará posibles sancións polo episodio contaminante ao Sar e analizará a obriga dos responsables de devolver o río ao seu estado anterior

21/10/2025 | 11:32 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Carballo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

20/10/2025 | 18:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia con 82.000 euros a mellora da xestión dos residuos de competencia municipal de Ponteareas

Esta liña de axudas beneficiou a un total de 24 concellos da provincia de Pontevedra, dous deles da comarca do Condado-Paradanta

20/10/2025 | 16:14 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta xa concedeu 42 axudas por un importe de 2,9 M€ para propietarios das vivendas afectadas pola vaga de lumes do verán

Salienta a resolución doutras 10 achegas para negocios ou empresas afectadas por valor de 280.000 € e 36 para a recuperación de Tecores e espazos naturais protexidos

18/10/2025 | 12:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará o próximo ano 25,4 M€ a actuacións que mellorarán a calidade das augas na ría de Arousa

Entre as principais actuacións en marcha ou a punto de licitarse na zona destacan a mellora do saneamento de Vilanova-Cambados, que contará con 2 M€ para 2026, e as obras destinadas a optimizar o servizo de depuración de Vilagarcía, con 1,1 M€

17/10/2025 | 18:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres en Moaña

Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollida no concello pontevedrés de Moaña e trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático de Cerdedo-Cotobade

17/10/2025 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta declara a emerxencia cinexética temporal en 38 comarcas para controlar a poboación do xabaril

A medida, que afecta a 254 concellos e abrangue o 83% da superficie galega, entrará en vigor este sábado e manterase ata o 22 de febreiro de 2026

16/10/2025 | 18:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste 93.000 euros na mellora do punto limpo da Estrada

Esta liña de axudas beneficiou a un total de 24 concellos da provincia de Pontevedra, tres deles da comarca do Deza-Tabeirós

16/10/2025 | 13:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a xestión sostible dos residuos eléctricos e electrónicos ofrece unha oportunidade de negocio e emprego verde para as empresas galegas

Ángeles Vázquez subliña que a actividade dos xestores privados que asumen a reciclaxe e a reutilización dos RAEE demostra que a economía circular é unha realidade en Galicia