Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, que conta cunha dotación de 550.000 euros para que as ONGD galegas poidan canalizar as axudas ás súas iniciativas
Xunta e Concello de Ames avanzan no futuro desenvolvemento de novo solo industrial
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo un encontro co alcalde do municipio, Blas García, no que aproveitou para explicarlle as novas medidas de aceleración de solo industrial impulsadas polo Goberno galego
Alfonso Rueda destaca a importancia da colaboración público-privada nun momento de éxitos no deporte galego
Resalta que o deporte galego tamén forma parte da marca Galicia Calidade, proxectando unha imaxe de traballo e éxito ao exterior
A Xunta destaca a importancia de seguir traballando da man de Portugal no impulso da reserva de biosfera Gerês-Xurés
Trátase do único espazo transfronteirizo deste tipo declarado na comunidade galega e abrangue unha superficie de máis de 330.000 hectáreas a ambos lados da fronteira
A Xunta renova o seu convenio con Acega para seguir fomentando un comercio e restauración totalmente adaptados ás necesidades das persoas celíacas
Preto de 300 comercios ou centros hoteleiros de toda Galicia participan actualmente neste programa que ofrece formación, asesoramento e controis de alérxenos
A Xunta convoca 180.000€ en axudas ao asesoramento para novos proxectos audiovisuais a través de laboratorios, incubadoras e residencias
Poden solicitalas ata o 10 de febreiro empresas e asociacións que organicen este tipo de iniciativas en Galicia no período comprendido entre hoxe e o 1 de xullo de 2026
A Xunta lanzará este ano a 2ª edición do proxecto Fixar para continuar impulsando a través dos ‘coliving’ o talento emprendedor no rural galego
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o Executivo galego está a impulsar coa colaboración da Asociación Cultural Sende
A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o estado da tramitación ambiental de novos proxectos en cada fase do proceso
Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sector