Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.840 novas da área temática Turismo:

29/09/2025 | 13:59 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a conmemoración do X aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto co director de Administración da S.A, do Xacobeo, mantivo unha reunión co presidente da Agrupación dos Camiños do Norte

27/09/2025 | 12:55 | Axencia de Turismo de Galicia

Máis de 23.000 peregrinos continuaron a súa experiencia cara Fisterra e Muxía tras recoller a Compostela en agosto e setembro

O director de Turismo de Galicia presentou os primeiros resultados dos sensores instalados pola Xunta no Camiño Fisterra Muxía que por primeira vez miden o fluxo de peregrinos desde Compostela ata as dúas vilas da costa

26/09/2025 | 13:22 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inviste 30.000€ nas obras de embelecemento dos accesos ao enclave turístico da Capela da Nosa Señora do Viso, en Lobeira

O delegado territorial destacou que entre os obxectivos básicos deste tipo de axudas están o desenvolvemento do turismo na comunidade autónoma de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade

25/09/2025 | 13:42 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia intensifica a súa promoción en Estados Unidos da man da marca ‘España Verde’ co evento enogastronómico e interactivo ‘Norte Diem’

Estados Unidos é o segundo mercado que achega un maior número de visitantes con case 400.000 turistas o pasado ano e o primeiro en peregrinos que realizan o Camiño de Santiago con 33.180 camiñantes ata a actualidade

25/09/2025 | 11:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca a aposta da Xunta pola cidade da Coruña co patrocinio este ano de 34 eventos musicais dentro dos 'Concertos do Xacobeo'

A representante autonómica puxo en valor a consolidación da Coruña como referente da música en vivo no noroeste peninsular, lembrando que a Xunta apoia ao longo deste ano un total de 34 grandes eventos musicais dos cales 8 aínda están pendentes de celebrarse

24/09/2025 | 14:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta celebra o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional dos Entroidos do Oriente Ourensán tras impulsar a súa candidatura

O director de Turismo de Galicia destaca o impulso na singularización, desestacionalización e redistribución territorial da oferta que supón a distinción

24/09/2025 | 12:54 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo destaca o compromiso da Xunta no desenvolvemento termal da provincia de Ourense

O delegado territorial puxo en valor o convenio que vén de asinar a Xunta e a Universidade de Vigo, para impulsar o Campus Auga tras acadar a súa acreditación como campus de especialización. Con este novo acordo elevan a 11,8M€ o investimento desde 2013 para convertelo nunha das sinerxías científicas de Ourense