Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.947 novas da área temática Infraestruturas:

04/11/2025 | 19:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue pon en valor o traballo dos enxeñeiros a prol dunha Galicia máis vertebrada e reivindica o esforzo licitador da Xunta en obra pública

Allegue subliñou que os enxeñeiros de camiños son unha peza clave para materializar os proxectos da Xunta, que volve ser a administración con maior volume de licitacións en Galicia, con 343M€ mobilizados entre xaneiro e agosto

04/11/2025 | 15:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

Rueda aposta por seguir tendendo pontes con Castela e León para impulsar a economía e as infraestruturas

Sinala que a vivenda é un “problema de primeiro orde” fronte ao que hai que “ser prácticos e facer vivendas” e lembra que a Xunta traballa para duplicar os inmobles públicos nesta lexislatura ata chegar ás 8.000

04/11/2025 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Agolada mellora a accesibilidade do seu auditorio municipal grazas a unha achega da Xunta de 48.000 euros

A obra foi posible grazas ás axudas para actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal

04/11/2025 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello finaliza a rehabilitación da casa da rúa Hortas para entregar novas vivendas xa adxudicadas en concurso público a dúas familias

A delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, visitou este martes a obra do Casco Vello Alto que foi sorteada o pasado mes de outubro

04/11/2025 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico do Sagrado Corazón en Lugo, coa previsión de urbanizar solo para 1.200 vivendas

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de favorecer unha axeitada integración paisaxística

04/11/2025 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as melloras no local social da asociación de veciños, cultural e recreativa O Fragoso de Vide de Castrelo de Miño

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o material adquirido ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria co obxectivo de impulsar as actividades levadas a cabo pola entidade

04/11/2025 | 11:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon a disposición da cidadanía desde mañá ás 9,00 horas os bonos dunha nova edición da campaña Activa Comercio dotada cun orzamento de 2,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a 2ª andaina do programa en 2025, que promoverá descontos de ata 30 € coa previsión de mobilizar máis de 8,5 M€ en vendas

04/11/2025 | 11:40 | C. do Medio Rural

Medio Rural incrementa un 50 % o investimento para 2026 en prevención contra incendios forestais e intensifica os apoios a particulares e concellos

Lembrou que o convenio de xestión de biomasa nas faixas secundarias coa Fegamp e Seaga duplicará o seu orzamento ata os 25 millóns de euros e tamén recordou o reforzo en medios e bases aéreas

03/11/2025 | 16:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas