Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Maiores:

14/08/2024 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a resolución de axudas para crear 20 novas casas do maior por toda Galicia

Crearanse nove casas na provincia de Ourense, oito na da Coruña, dúas na de Lugo e unha na provincia de Pontevedra

12/08/2024 | 12:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca axudas a programas de voluntariado interxeracional para dinamizar o rural

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina máis de 760.000€ a iniciativas que poñan en contacto a mocidade de entre 16 e 35 anos con maiores de 55 para dinamizar os concellos menos poboados e mellorar as perspectivas laborais da xuventude

07/08/2024 | 15:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en valor nos seus campamentos de verán o patrimonio cultural atesourado polas persoas maiores

A directora xeral de Xuventude visita en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) o campo de voluntariado Rural influencer, no que se reforzan as relacións interxeracionais

01/08/2024 | 15:52 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o apoio da Xunta de Galicia ao centro de día ‘O Son do Regueiro’ de Torroso

O Goberno galego investiu 800 mil euros neste centro que conta con 45 prazas e servizo de enfermería e ximnasio, entre outras prestacións

28/07/2024 | 13:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 1,2 M€ na construción dunha residencia de maiores na Peroxa e 600.000 € para un centro de día en Vilamarín

Estas actuacións enmárcanse no Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción e reforma de instalacións municipais

18/07/2024 | 18:48 | C. de Política Social e Igualdade

Comezan as estadías do programa da Xunta Benestar en Balnearios

Máis de 1.230 persoas pasarán 10 días nun dos 15 establecementos termais adheridos a esta iniciativa de envellecemento activo

18/07/2024 | 10:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Xunta e universitarios séniors colaboran para formar a persoas maiores no uso da Banca dixital

O proxecto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, proporciona capacitación sobre os usos máis frecuentes da banca electrónica sobre todo nos ámbitos rurais