Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.081 novas da área temática Sanidade:

26/10/2025 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba definitivamente os Mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar esta semana o anuncio polo que se aproba o expediente de información pública e definitivamente os mapas estratéxicos de ruído da rede de estradas de titularidade da Xunta correspondentes á cuarta fase

25/10/2025 | 11:24 | C. de Sanidade

O Centro de Protonterapia de Galicia entra na fase de instalación do primeiro acelerador da sanidade pública española

Chegan a Santiago de Compostela 12 colectores con materiais da compañía líder en tecnoloxía de terapia de protóns que están a supervisar os traballos

25/10/2025 | 10:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta finaliza a demolición do edificio do Hotel de Pacientes do Chuac na Coruña

A demolición da estrutura e a fachada do inmoble de 10 plantas realizouse en tres semanas trala intervención de maquinaria pesada

24/10/2025 | 13:31 | C. de Sanidade

A Xunta licita o subministro de pantallas para o sistema de xestión de quendas no Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo

O sistema permite unha mellor racionalización da circulación dos usuarios que acoden aos centros sanitarios e posibilita unha optimización da xestión das consultas

23/10/2025 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

A Xunta reafirmará no 2026 a aposta por unha xestión facilitadora e pola colaboración público-privada a prol da competitividade empresarial

En canto ao reto do absentismo laboral inxustificado, González sinalou que pronto haberá máis resultados do informe das universidades de Santiago e Vigo do que se trasladaron as primeiras conclusións aos axentes sociais no marco do diálogo social

23/10/2025 | 11:09 | C. de Sanidade

O Sergas publica a resolución provisional do concurso de traslados aberto e permanente de 2025 para as categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos

Neste ciclo de adxudicación resultaron admitidos 3.313 profesionais, sendo provisionalmente adxudicatarios de destino 1.225 aspirantes

23/10/2025 | 10:33 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade é recoñecida polo seu sistema de xestión da calidade en saúde pública

A certificación conforme á norma internacional ISO 9001:2015 destaca a mellora continua, a eficiencia nos procesos e servizos e a satisfacción dos usuarios