Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.094 novas da área temática Sanidade:

16/10/2025 | 13:18 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica a subministración de dúas salas de radioloxía dixital robotizadas para os hospitais de Barbanza e Cee

Esta dotación de alta tecnoloxía permitirá optimizar os procedementos de imaxe, mellorando a precisión diagnóstica

16/10/2025 | 13:14 | C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta unha guía que reforza a perspectiva de xénero na atención primaria e ten en conta as distintas etapas das mulleres para mellorar a súa saúde

Gómez Caamaño precisa que as diferenzas de saúde entre mulleres e homes non se explican só por trazos biolóxicos, tamén por factores socioculturais ou roles

16/10/2025 | 11:57 | C. de Sanidade

A Xunta celebra o Día Mundial da Parada Cardiorrespiratoria cun adestramento masivo de reanimación cardiopulmonar na praza do Obradoiro

Un total de 15 monitores da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061 formaron a preto de 200 persoas a través de bonecos de simulación

16/10/2025 | 11:10 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 2,3 M€ a compra sucesiva de reactivos para o laboratorio de anatomía patolóxica da área sanitaria de Vigo

Adquirirase o material necesario para realizar tincións que permiten coñecer se o cancro dun paciente concreto responderá a un fármaco determinado

15/10/2025 | 21:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca no fórum RIES 2025 a dixitalización da sanidade galega e o éxito de TELEA, que monitoriza xa máis de 23.000 pacientes

A plataforma Telea do Servizo Galego de Saúde foi recoñecida como boa práctica a exportar a outras rexións europeas no marco do proxecto CIRCE

15/10/2025 | 18:12 | C. de Sanidade

Ana Ortiz supervisa o inicio de vacinación intranasal de máis de 3.100 rapaces de 3 a 11 anos na área de Vigo

A delegada territorial da Xunta visitou o CRA Raiña Aragonta de Salceda de Caselas para compartir cos alumnos e profesores a experiencia desta campaña pioneira

15/10/2025 | 17:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

Allegue: “O Novo Chuac avanza coa máxima axilidade posible e será dos hospitais máis modernos e vangardistas do país”

M. Allegue subliña que o proxecto avanza coa prioridade de garantir a asistencia sanitaria durante as obras, e coas principais incógnitas xa despexadas: a disposición de terreos, o financiamento do BEI coa axuda directa de 60M€ ou as obras previas

15/10/2025 | 17:35 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño remarca que no que vai de 2025, o 97 % das interrupcións voluntarias en Galicia se realizaron na sanidade pública

Subliña que, segundo os datos do Ministerio de Sanidade, o pasado ano a comunidade galega foi a segunda rexión española na que máis interrupcións voluntarias do embarazo se efectuaron no sistema sanitario público, acadando o 77 % 

15/10/2025 | 17:15 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño remarca que a Xunta ultima unha reordenación dos recursos humanos de atención primaria que permitirá reforzar a cobertura en centros de saúde como o de Ribeira

Remarca que, pese á falta de facultativos, a asistencia sanitaria en Ribeira está plenamente garantida e agradece o traballo dos profesionais neste obxectivo

15/10/2025 | 13:52 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor o servizo que prestan aos maiores do rural os equipos de asistencia domiciliaria de atención primaria de Ourense, que suman xa 49.000 consultas

O conselleiro de Sanidade incide en que o Sergas xa contempla de xeito continuo e sistemático o envellecemento da poboación e as súas consecuencias asistenciais nas súas decisións,  tanto a nivel autonómico como por áreas sanitarias