Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.452 novas da área temática Agricultura e gandería:

27/11/2025 | 15:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural propón o impulso dunha fronte común co sector ante a Dermatose Nodular Contaxiosa

A conselleira María José Gómez presidiu hoxe a reunión do Consello Agrario Galego, un órgano de participación, asesoramento, diálogo e consulta da Xunta en materia agraria e de desenvolvemento rural

26/11/2025 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o asociacionismo local de Oroso con achegas que suman case 40.000 € a través do Plan específico de acción comunitaria

A directora xeral de Administración Local comprobou as melloras realizadas nos locais sociais das asociacións veciñais Santa María de Deixebre e Sanamede, así como da asociación Mulleres rurais loitadoras de Oroso  

26/11/2025 | 15:02 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo supervisa en Monterrei as actuacións desenvolvidas pola Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes

O delegado territorial desprazouse ao concello de Monterrei para supervisar os traballos de desentullo e limpeza que se están a levar a cabo nas edificacións que sufriron danos a causa da vaga de lumes do pasado mes de agosto no lugar da Caridade; no marco do convenio que asinou Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con este municipio, por importe de máis de 225.000 euros

26/11/2025 | 12:07 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a promoción dos queixos galegos de calidade diferenciada cunha nova cata na que participan 31 queixerías

A conselleira María José Gómez visitou hoxe no Pazo de Quián de Sergude aos profesionais que están a avaliar un total de 66 mostras

25/11/2025 | 14:16 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta o potencial do mel en Galicia, amparado pola súa calidade e polas condicións específicas do territorio

A conselleira do Medio Rural asistiu esta mañá á cata-concurso da XXIV Cata dos Meles que organiza a Xunta en colaboración co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia